Air Berlin foi a segunda aeroliña máis grande de Alemaña, despois de Lufthansa, e a sétima europea en número de pasaxeiros. Operaba unha extensa rede de voos que inclúian destinos de vacacións na zona mediterránea, as illas Canarias e o norte de África ademais de destinos internacionais cara ao sueste asiático, o Caribe e as Américas. A aeroliña foi membro da alianza Oneworld e a súa subsidiaria austríaca Niki é membro afiliado da alianza.
Air Berlin concéntrabase en servir ás grandes cidades alemás e europeas para atraer tráfico de negocios. Voaba a un total de 25 cidades alemás, máis que calquera outra aeroliña. Os seus centros de operacións eran o aeroporto de Berlin-Tegel e o aeroporto de Düsseldorf.