Alan Bean
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Alan Lavern Bean 15 de marzo de 1932 Wheeler |
| Morte | 26 de maio de 2018 Houston |
| Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington, Section 11, grave 249-2-B 38°52′20″N 77°04′27″O / 38.872159, -77.074083 |
| Educación | Universidade de Texas en Austin Escola de Pilotos de Test Naval dos Estados Unidos R. L. Paschal High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, pintor, aviador, astronauta, piloto de probas, enxeñeiro de aviación |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | Capitão de Primeira Classe (pt) |
| Tempo no espazo | 69 días, 15 horas e 45 minutos |
| Cronoloxía | |
| 19 de novembro de 1969-20 de novembro de 1969 | camiñata na Lúa |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бин Алан) |
Alan Bean, nado en Wheeler (Texas) o 15 de marzo de 1932 e finado 26 de maio de 2018. Foi un astronauta, o cuarto home en pisar a lúa, en novembro de 1969[1][2][3].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou enxeñería aeronáutica na Universidade de Texas, da que se licenciou en 1955. Piloto de probas da mariña norteamericana, foi o instrutor de Pete Conrad, o que despois sería o seu comandante no Apollo 12. En 1963 a NASA seleccionouno como para un dos seus grupos. En 1967, logo da morte de Clifton Williams nun accidente, Bean substituíuno como suplente da tripulación do Apollo 9.
Bean foi o piloto lunar do Apollo 12, e Bean e Pete Conrad aluaron o 14 de novembro de 1969 no Océano das Tormentas, exploraron a superficie lunar, realizaron experimentos e instalaron a primeira estación xeradora de enerxía nuclear na Lúa para proverse de enerxía.
Bean foi tamén o comandante do Skylab 3 en 1973. En 1975 retirouse da Mariña norteamericana, pero continuou traballando na NASA ata 1981, e a partir de entón dedicouse a pintar.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ESA (ed.). "Apollo 12" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2018. Consultado o 27 de maio de 2018.
- ↑ "Traxectoria" (en inglés).
- ↑ NASA (ed.). "Alan Bean" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2018.
- ↑ NASA (ed.). "traxectoria" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2018.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Bean |