O atol ten forma ovalada, de 43km de longo e 14km de ancho. A superficie total é de 41km². Dispón dun paso navegable ao interior da lagoa. A vila principal é Garumaova. A poboación total era de 184 habitantes no censo do 1996, que viven principalmente da pesca e a perlicultura. Non dispón de infraestruturas.
Foi descuberto en 1605 por Pedro Fernández de Quirós. Historicamente tamén se coñeceu cos nomes: Fugitiva e Barclay de Tolley. En 1947 fíxose famoso pola historia da Kon Tiki. O noruegués Thor Heyerdahl construíu unha barca tradicional de madeira e bambú, parecido aos que utilizaban os incas para desprazarse polo lago Titicaca. Para demostrar que era posible a navegación prehistórica e o poboamento da Polinesia desde América, fixo unha viaxe de 101 días desde Perú ata Raroia.