close
Saltar ao contido

Atol Takaroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atol Takaroa
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Descuberta / invención
14 de abril de 1616 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   93 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
OpenStreetMap6062935 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03crstb Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Takaroa é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. É a capital da comuna de Takaroa e forma parte do grupo das illas do Rei Xurxo. Está situado ao norte do arquipélago, a 9 km ao nordés de Takapoto e a 575 km ao nordés de Tahití.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É un atol ovalado de 24 km de longo e 8 de ancho, cunha superficie total de 113 km². A lagoa interior comunícase co océano por un paso de 3 m de profundidade.

A vila principal é Teavaroa que ocupa todo un illote. Dispón dun aeródromo situado a 2 km. A poboación total era de 1.003 habitantes no censo do 2002. Un 90% dos habitantes son mormóns e contan cun templo construído en 1891. Tamén se atopan restos de varios templos polinesios (maraes). A actividade principal é o comercio de nácar e perlas negras.

O nome Takaroa quere dicir «queixo longo». Outros nomes históricos son Taka-Pua, Tioka e Taaroa. O inglés John Byron, en 1765, chamouno Coral Island.