BlacKkKlansman
| BlacKkKlansman | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
BlacKkKlansman é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Spike Lee e escrito por Charlie Wachtel, David Rabinowitz, Kevin Willmott e Lee. Baséase nas memorias de 2014 Black Klansman, de Ron Stallworth. Está protagonizado por John David Washington no papel de Stallworth, xunto con Adam Driver, Laura Harrier e Topher Grace. Ambientado en Colorado Springs na década de 1970, o argumento conta como o primeiro detective afroamericano no departamento de policía da cidade consegue infiltrarse e destapar a póla local do Ku Klux Klan.
Lee produciu o filme xunto con Raymond Mansfield, Shaun Redick, Sean McKittrick, Jason Blum e Jordan Peele. Redick mercou os dereitos cinematográficos do libro no ano 2015; Lee asinou como director en setembro de 2017. A maioría do elenco uniuse o mes seguinte, e a rodaxe comezou no estado de Nova York.
BlacKkKlansman estreouse o 14 de maio de 2018 no Festival Internacional de Cinema de Cannes, onde gañou o Grand Prix. Estreouse nos Estados Unidos o 10 de agosto de 2018, coincidindo co primeiro aniversario da manifestación Unite the Right. O filme recibiu aclamación por parte da crítica, quen loou as actuacións (particularmente a de Washington e Driver) e os temas intemporais. Recibiu seis nomeamentos na 91ª edición dos Óscar, incluíndo ó mellor filme, mellor director (primeiro nomeamento de Lee) e mellor actor secundario para Driver, e gañou o Óscar ó mellor guión adaptado, sendo o primeiro galardón de Lee.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- John David Washington como Detective Ron Stallworth
- Adam Driver como Detective Philip "Flip" Zimmerman
- Laura Harrier como Patrice Dumas
- Topher Grace como David Duke
- Jasper Pääkkönen como Felix Kendrickson
- Ryan Eggold como Walter Breachway
- Paul Walter Hauser como Ivanhoe
- Ashlie Atkinson como Connie Kendrickson
- Corey Hawkins como Kwame Ture
- Michael Buscemi como Jimmy Creek
- Ken Garito como Sarxento Trapp
- Robert John Burke como Xefe Bridges
- Fred Weller como Andy Landers
- Nicholas Turturro como Walker
- Harry Belafonte como Jerome Turner
- Alec Baldwin como Dr. Kennebrew Beauregard
- Isiah Whitlock Jr. como Mr. Turrentine
- Damaris Lewis como Odetta
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BlacKkKlansman na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2018
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Spike Lee
- Filmes de comedia dos Estados Unidos de América
- Filmes producidos por Jason Blum
- Filmes sobre xudaísmo
- Filmes sobre racismo
- Filmes sobre o Ku Klux Klan
- Filmes de Blumhouse Productions
- Filmes rodados no estado de Nova York
- Filmes ambientados en 1972
- Filmes ambientados en Colorado