Charlie Airlines, operando como Cyprus Airways, é unha aeroliña chipriota baseada no aeroporto de Larnaca. A compañía colleu o seu nome da quebrada Cyprus Airways despois de gañar os dereitos para poder usalo.[1] O logotipo da aeroliña incorpora unha póla de olivo, o principal símbolo de Chipre.
No ano 2016 anunciouse que S7 Airlines planeaba lanzar unha aeroliña chipriota co nome Charlie Airlines. No mes de xullo anunciouse que a compañía gañara unha compatición polos dereitos de uso da marca Cyprus Airways durante unha década.[2]