Culí
| Culí | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Culí (tamén grafado coolie, culi, kuli, quli, koelie) é un termo usado historicamente para designar xornaleiros nativos de Asia, especialmente da China e da India, durante o século XIX e inicio do século XX. Actualmente, nos países de lingua inglesa, o termo é considerado como pexorativo e racista para as persoas de ascendencia asiática.[1][2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]Tras a abolición da escravitude había unha grave falta de man de obra en diversas colonias europeas. Aínda que os traballadores puidesen ser recrutados a través de contratos voluntarios, era evidente que a fraude e má fe eran prácticas comúns e até mesmo chegaban a ocorrer secuestros, na procura desta man de obra barata.[4]
Por volta de 1845, co fin da primeira Guerra do Opio (1840-1842), un centro de emigración en Shantou organizou unha rede que transportaba chineses de Guangdong, Amoy e Macau para as Américas, especialmente para as minas de prata do Perú e as plantacións de azucre de Cuba e outras illas das Indias Occidentais [5]. La Alianza e Julián Zulueta dominaron o negocio da importación de culís. Chegaron ás plantacións de azucre de Cuba máis de 120.000 chineses escravizados[6].
O comercio de culís foi criticado por ser inxusto para os traballadores e por consistir, de facto, nunha escravitude. Os traballadores eran transportados dentro de navíos lotados e moitos acababan morrendo durante as viaxes por desnutrición, doenzas ou outro tipo de abusos. Tamén eran frecuentes os motíns durante os traxectos.[7] O navío Dea del Mar, que partiu de Macau para Callao, no Perú, en 1865, levando 550 traballadores chineses a bordo, chegou ao Tahití con 162 deles vivos.
Este movemento poboacional era denominado "comercio", na medida en que recordaba o status atribuído aos escravos, considerados unha peza de mobília que podía ser herdada legalmente. Aínda que os culís fosen clasificados como traballadores contratuais, cun contrato de oito anos e xornadas de 16 horas diarias en tempos de zafra, permanecían nas súas relacións cos empregadores resquícios da escravitude e, frecuentemente, había unha disparidade considerábel entre a letra da lei e súa aplicación. Diversos estudosos do comercio de culíes relataron condicións infrahumanas, con actos como a flaxelación, o abuso sexual e o confinamento restritivo, sendo prácticas constantes. Varios destes traballadores non conseguían reconquistar a liberdade despois de servir os oito anos nas plantacións, como estipulaban os seus contratos.[8][9]
Os culís chineses lograron emanciparse da súa escravitude en 1877, mediante a firma do Tratado Chinés-Español, cando o mandarín Chin Lan Pin visitou Cuba. O tratado suspendeu legalmente a contratación.[10]
Chineses escravizados en Cuba
[editar | editar a fonte]A medida que as colonias españolas en Suramérica se independizaban, Cuba contiaba a ser unha fonte vital de ingresos para España, cunha economía que dependía en gran medida da produción azucreira, que requiría moita man de obra. A elite española buscou alternativas á man de obra escrava debido ao aumento dos custos e á persecución internacional contra a trata de escravos.
A crecente demanda de traballadores na produción azucreira impulsou a formación da Real Xunta de Fomento e Colonización na década de 1820, co obxectivo de recrutar man de obra. Os intentos iniciais de traer traballadores brancos de España e indíxenas de Iucatán fracasaron, o que conduciu á importación experimental de culís chineses en 1847, subcontratados a Zulueta and Co., unha empresa cunha longa traxectoria na trata de escravos africanos. A familia Zulueta, figura clave nesta transición, xa traficara previamente con escravos africanos e adaptou os seus métodos no tráfico de culís. As súas extensas redes de recrutamento e o seu respaldo financeiro facilitaron este mudanza, reflectindo a continuidade da trata de escravos aos culís. Os Zuluetas, inicialmente exiliados debido a conflitos políticos, estableceron e expandiron os seus negocios en Londres e outros lugares, beneficiándose da alta demanda de man de obra.[11]


A medida que o comercio evolucionou, o seu éxito inspirou a outros plantadores, como La Alianza e a Empresa de Colonización, a entrar no comercio de culís, consolidando o mercado. Para a década de 1850, estes actores dominaban a importación de culís para satisfacer a insaciable demanda de man de obra en Cuba. O auxe do comercio de culís ilustrou unha adaptación significativa na procura de man de obra no medio de contextos sociopolíticos cambiantes, á vez que continuaban as prácticas de explotación arraigadas na trata de escravos anterior.
Entre 1855 e 1859, a importación de africanos escravizados a Cuba continuou en aumento a pesar da chegada de traballadores chineses, o que desmentiu a idea de que os culís pretendían substituír os escravos africanos. En cambio, trouxéronse traballadores chineses para complementar a forza laboral existente debido á crecente demanda mundial de azucre. A medida que o azucre pasou de ser un produto de luxo a un produto básico en Europa, as plantacións cubanas aumentaron significativamente a súa produción: máis da metade da demanda mundial de azucre foi satisfeita por Cuba nas décadas de 1860 e 1870, o que requiriu máis man de obra.
O crecemento do comercio de culís tamén se viu impulsado pola redución prevista na oferta de escravos africanos, exacerbada pola represión naval británica contra a trata transatlántica de escravos a partir de 1809 e os tratados posteriores que buscaban a súa abolición. Aínda que os plantadores españois inicialmente ignoraron estes acordos debido á alta demanda de escravos, o illamento doutras nacións comprometidas coa abolición finalmente meteu presión á posición de España. O número de escravos africanos importados a Cuba reduciuse drasticamente de 10.000 en 1844 a 1.000 en 1847, o que impulsou aos plantadores a buscar fontes de man de obra alternativas, como os culís chineses. No entanto, a importación de escravos volveu aumentar na década de 1850, alcanzando o seu punto máximo en 1859, xa que os plantadores cubanos buscaban man de obra tanto de escravos como de culís.

A transición na procura de man de obra foi orquestrada polo axente español Nicolás Tanco Armero[12], quen supervisaba o comercio de culís desde China. Trasladou as operacións de Amoy a Macau, onde ampliou os barracóns para os culís. A man de obra era fornecida por intermediarios chineses que se beneficiaban economicamente do comercio. Os funcionarios chineses locais víronse comprometidos ao recibir subornos, o que dificultou o coñecemento da magnitude do comercio por parte da corte Qing até a década de 1870. Cando Tanco abandona Macau foi substituído por Francisco Abellá y Raldiris, que foi axente común de La Alianza e do grupo Zulueta[13].
O primeiro barco en emprender o itinerario da China a Cuba foi o Oquendo, que partiu o 3 de xuño de 1847. A bordo viaxaban 212 homes chineses, que chegaron ao porto da Habana tras unha viaxe de 131 días. Cada culí vendíase por 170 pesos.

De 1847 a 1873, aproximadamente 140.000 culís chineses foron enviados a Cuba, utilizando itinerarios de longa distancia que a miúdo incluían paradas en Manila e Acapulco. A pesar das prohibicións británicas sobre o comercio de culís de 1855, moitos barcos involucrados continuaban capitaneados por tripulacións británicas ou estadounidenses mentres navegaban baixo bandeira española ou francesa, o que evidenciaba unha rede de complicidade internacional no comercio. É preciso salientar que incidentes como o motín a bordo do Fatchoy[14] en 1872 revelaron as pésimas condicións e a explotación que sufrían os culís, pondo de relevo a crúa realidade deste sistema laboral marcado pola violencia e a opresión.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "56 446lib1 | PDF | Esclavitud | Cuba". Scribd (en portugués). Consultado o 2025-07-14.
- ↑ Bey, Ishmael (2024-01-01). "The Chinese Slave Trade of Cuba and Peru that replaced the Africans on Plantations". FIRST TRIBE ABORIGIN (en inglés). Consultado o 2025-07-14.
- ↑ "El Coolie habla: obreros contratados chinos y esclavos africanos en Cuba". hemisphericinstitute.org. Consultado o 2025-07-14.
- ↑ APAOLAZA, Urko (2006-03-24). "Zulueta y el tráfico de chinos: en torno a una memoria suscrita por el Marqués de Álava en 1874". www.euskonews.eus (en castelán). Consultado o 2025-07-14.
- ↑ "Juan Perez de La Riva, El Barracón. 3. - Demografías de Los Culíes. Chinos en Cuba (1853-1874) | PDF | Cuba | Esclavitud". Scribd (en portugués). Consultado o 2025-07-14.
- ↑ Ng, Rudolph. "Los colonos asiáticos – Reconstructing the Coolie History between China and Latin America in the Nineteenth Century". HISTORAMERICANA: Latin America and Asia Relations in the Context of Globalization from Colonial Times to the Present (24): 133–162.
- ↑ Yao, Jean-Arsène (11). "Los usos del honor en una sociedad esclavista: El caso de los culíes en Cuba, 1847-1874". Humania del Sur (en castelán) 0 (21): 109–133. ISSN 2244-8810.
- ↑ Alcalá, César (2022-04-23). "Los esclavos chinos en Cuba: la promesa de trabajo convertida en explotación". El Debate (en castelán). Consultado o 2025-07-14.
- ↑ "Macao to Havana and Beyond: The Chinese-Cuban Coolie Trade - Indenture". Katz Fine Manuscripts (en inglés). 2023-11-23. Consultado o 2025-07-14.
- ↑ Yanes Blanco, Alberto. La migración china y la cuestión culí en la Cuba del siglo XIX.
- ↑ Yun, Lisa (2008). The coolie speaks : Chinese indentured laborers and African slaves in Cuba. Philadelphia : Temple University Press. ISBN 978-1-59213-581-3.
- ↑ Centrodememoriahonda@gmail.com (sábado, 24 de octubre de 2015). "CENTRO MUNICIPAL DE MEMORIA HONDA TOLIMA: Nicolás Tanco Armero,(Hondano) el primer colombiano que pisó tierras Chinas por Andrés Bermudez Liévano". CENTRO MUNICIPAL DE MEMORIA HONDA TOLIMA. Consultado o 2025-07-16.
- ↑ Cepeda Sánchez, Hernando (2020). "Luchas alrededor de la libertad: conexiones asiático-latinoamericanas en la trata culí a Cuba (1850-1860)". Anuario Colombiano de Historia Social y de la Cultura 47 (1): 267–302. ISSN 0120-2456.
- ↑ "Correspondence respecting the Macao coolie trade". digital.soas.ac.uk (en inglés). Consultado o 2025-07-16.
- ↑ Alcalá, César (2022-04-23). "Los esclavos chinos en Cuba: la promesa de trabajo convertida en explotación". El Debate (en castelán). Consultado o 2025-07-16.