Portada da primira edición da primeira parte de El ingenioso hidalgo Don Quixote de la Mancha, libro de Miguel de Cervantes; publicado en Madrid, en 1605, na imprenta de Juan de la Cuesta. Esta obra é a editio princeps, do Quixote.
Editio princeps é unha locución latina que significa literalmente "primeira edición". Trátase da primeira edición impresa dunha obra, inmediatamente posterior aos manuscritos do autor.
Normalmente emprégase para referirse a obras de prestixio que xa foron reeditadas varias veces, en especial, a obras clásicas greco-latinas. Por exemplo, á editio princeps de Homero é a de Demetrius Chalcondyles, que se cre que está datada en 1488. Os textos máis importante dos autores clásicos gregos e romanos foron, na súa maioría, producidos en editiones principes durante os anos 1465 a 1525, despois da aparición da imprenta en 1440.[1][2]
Posteriormente, o termo tense estendido polos eruditos a obras que non forman parte das literaturas greco-latinas. Tamén se emprega para obras de tipo legal e documentos significativos.
Tsuen-Hsuin, Tsien (1985). "Paper and Printing". En Needham, Joseph. Science and Civilisation in China(en inglés). Vol. V (Chemistry and Chemical Technology). Nova York: Cambridge University Press. ISBN0-521-08690-6.