close
Saltar ao contido

Flavonol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esqueleto dun flavonol no que se indican os números dos substituíntes.

Os flavonois son unha clase de flavonoides que teñen un esqueleto de 3-hidroxiflavona (nome da IUPAC: 3-hidroxi-2-fenilcromen-4-ona). A diversidade destes compostos depende das diferentes posicións que ocupan os grupos OH fenólicos. Son diferentes dos flavanois (con "a"), como a catequina, outra clase de flavonoides.

Os flavonois están presentes nunha ampla variedade de froitas e verduras. Nas poboacións occidentais, a inxesta diaria estimada de flavonois é de 20 a 50 mg ao día. A inxesta individual varía dependendo do tipo de dieta consumida.[1]

Nos flavonois (e glicósidos) o fenómeno da fluorescencia dual (debido á transferencia de protóns intramolecular en estado excitado - ou ESIPT, polas súas siglas en inglés -) é inducido pola tautomería destes compostos e podería contribuír á protección ultravioleta das plantas e á cor das flores.[2]

Ademais de ser un subtipo de flavonoides, suxeriuse nun estudo feito sobre o zume de arandos que os flavonois desempeñan un papel, xunto coas proantocianidinas, na capacidade do zume de bloquear a adhesión bacteriana, demostrada pola compresión das fimbrias da bacteria E. coli no tracto urinario, que reduce grandemente a capacidade desas bacterias de quedaren fixas no lugar e iniciar unha infección.[3] As aglicona de flavonol en plantas son potentes antioxidantes que serven para protexer a planta das especies reactivas do oxixeno.[4]

Flavonois

[editar | editar a fonte]
Flavonois
NomeNome da IUPAC56782'3'4'5'6'
3-Hidroxiflavona3-hidroxi-2-fenilcromen-4-onaHHHHHHHHH
Azaleatina2-(3,4-dihidroxifenil)-3,7-dihidroxi-5-metoxicromen-4-onaOCH3HOHHHHOHOHH
Fisetina3,3',4',7-tetrahidroxi-2-fenilcromen-4-onaHHOHHHOHOHHH
Galanxina3,5,7-trihidroxi-2-fenilcromen-4-onaOHHOHHHHHHH
Gossypetina2-(3,4-dihidroxifenil)-3,5,7,8-tetrahidroxicromen-4-onaOHHOHOHHOHOHHH
Kaempferida3,5,7-trihidroxi-2-(4-metoxifenil)cromen-4-onaOHHOHHHHOCH3HH
Kaempferol3,4',5,7-tetrahidroxi-2-fenilcromen-4-onaOHHOHHHHOHHH
Isorhamnetina3,5,7-trihidroxi-2-(4-hidroxi-3-metoxifenil)cromen-4-onaOHHOHHHOCH3OHHH
Morina2-(2,4-dihidroxifenil)-3,5,7-trihidroxicromen-4-onaOHHOHHOHHOHHH
Myricetina3,3',4',5',5,7-hexahidroxi-2-fenilcromen-4-onaOHHOHHHOHOHOHH
Natsudaidaína2-(3,4-dimetoxifenil)-3-hidroxi-5,6,7,8-tetrametoxicromen-4-onaOCH3OCH3OCH3OCH3HHOCH3OCH3H
Pachypodol5-hidroxi-2-(4-hidroxi-3-metoxifenil)-3,7-dimetoxicromen-4-onaOHHOCH3HHOCH3OHHH
Quercetina3,3',4',5,7-pentahidroxi-2-fenilcromen-4-onaOHHOHHHOHOHHH
Rhamnazina3,5-dihidroxi-2-(4-hidroxi-3-metoxifenil)-7-metoxicromen-4-onaOHHOCH3HHOCH3OHHH
Rhamnetina2-(3,4-dihidroxifenil)-3,5-dihidroxi-7-metoxicromen-4-onaOHHOCH3HHOHOHHH

Flavonol glicósidos

[editar | editar a fonte]
Flavonois glicósidos e glicósidos acetilados
NomeAglicona356782'3'4'5'6'
AstragalinaKaempferolGlc
AzaleínAzaleatinaRha
HiperósidoQuercetinaGal
IsoquercitinaQuercetinaGlc
KaempferitrinaKaempferolRhaRha
MyricitrinaMyricetinaRha
QuercitrinaQuercetinaRha
RobininaKaempferolRobinosaRha
RutinaQuercetinaRutinosa
SpiraeósidoQuercetinaGlc
XanthorhamninaRhamnetinatrisacárido
AmurensinaKaempferolGlcter-amil
IcariinaKaempferidaRhaGlcter-amil
TroxerutinaQuercetinaRutinosahidroxietilhidroxietilhidroxietil

Interaccións con fármacos

[editar | editar a fonte]

Os flavonoides teñen efectos sobre a actividade de CYP (P450). Os flavonois son inhibitores de CYP2C9[5] e CYP3A4,[1] que son encimas que metabolizan a maioría dos fármacos no corpo.

  1. 1 2 Cermak R, Wolffram S (outubro de 2006). "The potential of flavonoids to influence drug metabolism and pharmacokinetics by local gastrointestinal mechanisms". Curr. Drug Metab. 7 (7): 729–44. PMID 17073577. doi:10.2174/138920006778520570. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  2. Smith, Gerald J.; Markham, Kenneth R. (1998). "Tautomerism of flavonol glucosides: relevance to plant UV protection and flower colour". Journal of Photochemistry and Photobiology A: Chemistry 118 (2): 99–105. doi:10.1016/s1010-6030(98)00354-2.
  3. "Juicy news about cranberries". medicalxpress.com. Consultado o 13 de abril de 2018.
  4. Nakabayashi R1, Yonekura-Sakakibara K, Urano K, Suzuki M, Yamada Y, Nishizawa T, Matsuda F, Kojima M, Sakakibara H, Shinozaki K, Michael AJ, Tohge T, Yamazaki M, Saito K. "Enhancement of oxidative and drought tolerance in Arabidopsis by overaccumulation of antioxidant flavonoids.". Plant J 77 (3): 367–79. PMC 4282528. PMID 24274116. doi:10.1111/tpj.12388.
  5. Si D, Wang Y, Zhou YH, et al. (marzo de 2009). "Mechanism of CYP2C9 inhibition by flavones and flavonols". Drug Metab. Dispos. 37 (3): 629–34. PMID 19074529. doi:10.1124/dmd.108.023416. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 07 de decembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]