Franz Meyen
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de xuño de 1804 Sovetsk |
| Morte | 2 de setembro de 1840 Berlín |
| Catedrático | |
| | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Reino de Prusia |
| Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
| Actividade | |
| Ocupación | botánico, coleccionista de plantas, médico naval, médico militar, zoólogo, coleccionista de animais, profesor universitario, ornitólogo, pteridólogo, liquenólogo, briólogo, médico, coleccionista científico |
| Empregador | Universidade Humboldt de Berlín |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Meyen |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Meyen |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Franz Julius Ferdinand Meyen, nado o 28 de xuño de 1804 e finado o 2 de setembro de 1840, foi un médico e botánico prusiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Meyen naceu en Tilsit, Prusia Oriental (agora Sovetsk, oblast de Kaliningrado, Rusia). En 1830 escribiu Phytotomie, o primeiro grande estudo de anatomía vexetal. Entre 1830 e 1832, tomou parte nunha expedición a América do Sur a bordo do Prinzess Luise, visitando o Perú e Bolivia, describindo especies que entón eran novas para a ciencia, como o pingüín de Humboldt.
De 1823 a 1826 estudou medicina na Univesidade de Berlín, despois serviu como cirurxián militar na Charité de Berlín. En 1834 converteuse en profesor asociado de botánica en Berlín. Con Heinrich Friedrich Link, foi coeditor do xornal Jahresberichte über die Arbeiten für physiologische Botanik (1837–1839).[1]
Morreu en Berlín en 1840.
Honores
[editar | editar a fonte]- O xénero de plantas Meyenia leva ese nome na súa lembranza.[2]
- A raia Taeniurops meyeni (J. P. Müller & Henle, 1841) foi nomeada para conmemorar o seu nome.[3]
Taxóns nomeados por el
[editar | editar a fonte]Véxase Taxons nomeados por Franz Meyen
En citas como autor botánico a súa abreviación é Meyen.[4]
Obras seleccionadas
[editar | editar a fonte]- 1828, Anatomisch-physiologische Untersuchungen über den Inhalt der Pflanzenzellen, Berlin: Hirschwald.
- 1830, Phytotomie.
- 1837, Ueber die Secretions-Organe der Pflanzen. Berlin: Morin [part of: Müller Library].
- 1837, Neues System der Pflanzen-Physiologie. Erster Band. Berlin: Haude & Spener.
- 1838, Jahresbericht über die Resultate der Arbeiten im Felde der physiologischen Botanik von dem Jahre 1837, Berlin: Nicolai'sche Buchhandlung
- 1839, Jahresbericht über die Resultate der Arbeiten im Felde der physiologischen Botanik von dem Jahre 1838, Berlin: Nicolai'sche Buchhandlung.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Max Planck Institute for the History of Science, Berlin biography
- ↑ CRC World Dictionary of Plant Names: Common Names, Scientific Names, Eponyms by Umberto Quattrocchi
- ↑ Christopher Scharpf; Kenneth J. Lazara (22 de setembro de 2018). "Order MYLIOBATIFORMES (Stingrays)". The ETYFish Project Fish Name Etymology Database. Christopher Scharpf and Kenneth J. Lazara. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2022.
- ↑ International Plant Names Index. Meyen.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franz Meyen |