Gerhard Thiele
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Gerhard Paul Julius Thiele 2 de setembro de 1953 Heidenheim an der Brenz |
| Educación | Universidade de Múnic Universidade de Heidelberg |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Colonia Bonn |
| Ocupación | astronauta, físico |
| Tempo no espazo | 11 días, 5 horas e 39 minutos |
| Familia | |
| Fillos | Insa Thiele-Eich |
| Premios | |
Gerhard Paul Julius Thiele, nado en Heidenheim-Brenz, Alemaña, o 2 de setembro de 1953, é un astronauta alemá que formou parte da misión STS-99.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Thiele graduouse en física pola Universidade Ludwig-Maximilians en Múnic en 1982 e doutorouse 1985. Comezou o seu adestramento como astronauta da axencia espacial alemá DLR en 1988, completándoo en 1990. Uniuse ao corpo de astronautas da Axencia Espacial Europea en 1998. Participou na misión STS-99, pasando un total de 11,24 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Mark Wade (2022). "Thiele, Gerhard Paul Julius" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2022.
- 1 2 ESA (ed.). "Gerhard P.J. Thiele" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gerhard Thiele |