Hantilis I
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XVI a. C. |
| Morte | 1560 a. C. Hattusa |
| Lugar de sepultura | Hattusa |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ḫarapšili |
| Fillos | (…)-saltas, Pishenis |
Hantilis I, rei dos hititas, alcanzou o trono asasinando coa axuda do seu xenro, Zidantas, ao seu predecesor e cuñado, Mursilis I, probabelmente cando este volvía dunha campaña militar en Siria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que se descoñecen moitos detalles do seu reinado, este probabelmente abarcou o período comprendido entre -1590 e -1560.
Comezou o seu reinando continuando as campañas sirias que tanto éxito tiveran en tempos de Hattusilis I e Mursilis I, pero pronto sufriu unha serie de invasións hurritas, que saquearon gran parte do reino hitita.
O seu reinado alcanzou un brusco final cando foi asasinado, xunto ao seu fillo Pissenis e os seus netos, por Zidantas, o seu xenro e cómplice na conxura contra Mursilis I.
| Hititas | ||
|---|---|---|
Segue a: Mursilis I |
Hantilis I | Precede a: Zidantas I |
| - | ||