Horas
Aparencia
| Horas | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Subclase de
| |||||||||
|
Venerado por
| |||||||||
| Familia | |||||||||
|
Nai
| |||||||||
|
Pai
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Na mitoloxía grega, as Horas (en grego Ὧραι; en latín, Horae) eran fillas de Zeus e Temis e representaban ás estacións do ano. Os seus nomes eran Talo (retoño*), Auxo (crecemento) e Carpo (froita), aínda que tamén foron coñecidas como Irene (paz), Eunomia (orde) e Dice (xustiza).
Desenvolvían funcións secundarias dentro da xerarquía dos deuses. Así, foron matronas de Hera e de Plutón, compañeiras de Perséfone e de Dioniso, coidaban dos cabalos de Helios e vixiaban as portas do ceo.
Son representadas como tres mozas vestidas con túnicas e bailando.
