KrioRus é unha empresa rusa que presta servizos na área da criónica e criopreservación. Ofrece a posibilidade de criopreservación neuronal ou criopreservación de corpo enteiro e incluso ofrece a posibilidade de criopreservación de ADN.
Ata agosto de 2011, a KrioRus xa crioxenizara 17 pacientes humáns[1], 2 gatos[2], 4 cans e 2 paxáros.
En 2005 oito crionicistas rusos fundaron KrioRus na contorna de Moscova. A súa primeira paciente foi Lidia Fedorenko Ivanovna, un caso que se fixo famoso en toda Rusia ao ser mantida durante meses en xeo seco (-80 graos), ata a creación de KrioRus. As súas instalacións de almacenaxe a longo prazo están situadas en Alabushevo, nas aforas de Moscova.
KrioRus ofrece a posibilidade de criopreservación de humáns e animais. Existe a posibilidade de criopreservación neuronal (só a cabeza) cun custo de 10.000 dólares ou criopreservación de corpo enteiro cun custo de 30.000 dólares[4]. A criopreservación de animais, depende do seu tamaño, pero ten un custo medio de 5.000 dólares. Existe tamén a posibilidade de criopreservación de ADN.
KrioRus presta servizos a persoas de todo o mundo. Xa foron crioxenados varios pacientes ao longo de Europa, desde Portugal a Ucraína entre outros.