Lille OSC
| Lille | ||||
|---|---|---|---|---|
| Nome | Lille Olympique Sporting Club | |||
| Alcume(s) | Les Dogues | |||
| Fundación | 1902 | |||
| Estadio | Lille-Métropole, Villeneuve-d'Ascq, Francia | |||
| Inauguración | 1976 | |||
| Capacidade | 18.185 | |||
| Presidente | ||||
| Adestrador | ||||
| Liga | Ligue 1 | |||
| Ligue 1 2019-2020 | 4º | |||
| Vestimenta | Umbro | |||
| Na rede | ||||
| http://www.losc.fr/ | ||||
| ||||
O Lille Olympique Sporting Club é un equipo francés de fútbol da cidade de Lille, fundado no ano 1902, e que compite na Ligue 1. O club actual é o resultado da fusión de dous antigos equipos, o Olympique Lillois e o SC Fives, que tivo lugar en 1944. O equipo mantén unha histórica rivalidade rexional e deportiva co Racing Club de Lens, co cal disputa o chamado Derby du Nord. En 2017 o club foi adquirido polo empresario galego-luxemburgués Gerard Lopez.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos Nacionais
[editar | editar a fonte]- Liga francesa (4): 1932–33 (como Olympique Lillois), 1945–46, 1953–54, 2010–11
- Copa de Francia (6): 1946, 1947, 1948, 1953, 1955, 2011
Torneos Internacionais
[editar | editar a fonte]- Copa Intertoto (1): 2004
Estadio
[editar | editar a fonte]
O Lille Olympique xoga os seus encontros como local no Estadio Lille-Métropole, construído en 1976 e cunha capacidade para acoller a unhas 18.000 persoas. Está previsto que o equipo deixe este estadio en 2012, ano no cal estará rematado o novo Grand Stade Lille Métropole, con capacidade para mais de 50.000 persoas, e que acollerá varios encontros da Eurocopa 2016 que organizará Francia.
Xogadores
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El empresario hispano-luxemburgués Gerard Lopez compra el Lille" (en castelán). 26 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020.