close
Saltar ao contido

Marxites

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marxites
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Tema principal
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Códigos e identificadores
VIAF220339014 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/016pk0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

Marxites (en grego Μαργίτης) é un poema cómico épico que se considera como unha parodia da Odisea.

Na antigüidade, atribuíase a Homero, como pode lerse nas obras de Platón e Aristóteles.

O personaxe Marxites, que dá título ao poema, era de Colofón, cidade onde se cría que nacera Homero. A Suda, en cambio, atribúeo a Pigres de Halicarnaso, irmán da raíña Artemisa I.

Marxites foi proverbial pola súa estupidez e ignorancia. Do poema, que estaba composto en hexámetros mesturados con trímetros iámbicos, só se coñecen fragmentos, pero debeu de ser moi popular. Non se sabe cando foi escrito, aínda que se aventuraron como posíbeis os séculos -VI ou -VII, cando a poesía épica estaba en auxe en Colofón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]