Matteo Bandello
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | p. 1485 Castelnuovo Scrivia |
| Morte | 1561 Agen |
| Bispo diocesano | |
| 1 de setembro de 1550 – 1554 ← Jean de Lorena – Giano Fregoso → Diocese: Roman Catholic Diocese of Agen (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote católico, bispo católico, escritor, poeta, escritor de contos |
| Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
| Familia | |
| Parentes | Vincenzo Bandelli, tío |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Matteo Bandello, nado en Castelnuovo Scrivia en 1480 e finado en Agen en 1562, foi un escritor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Pavia e ao rematar os estudos entrou na orde dos dominicos, da que saíu en 1526. Viviu en Mantua durante moitos, ao cargo da educación de Lucrezia Gonzaga. A batalla de Pavia, na que Lombardía pasou ao emperador, obrigou a Bandello a marchar a Agen, Francia onde foi bispo dende 1550.
Bandello escribiu numerosos poemas, como un Canzonieri seguindo o estilo de Petrarca, pero debe a súa fama á súa colección de contos (214) que recolleu nun libro en 1554 e outros que apareceron postumamente en 1573, eses contos fixérono inmensamente popular, pertencen ao mesmo xénero que o Decamerón de Boccaccio ou o Heptaméron de Margarida de Navarra. Shakespeare baseouse en moitos dos seus contos para as súas obras, visible en especial en Romeu e Xulieta.