OICETS
| OICETS / Kirari | |
|---|---|
| Tipo | Comunicacións / experimental |
| Organización | JAXA |
| Data de lanzamento | 23 de agosto de 2005, 21:10 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Dnepr[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
| Obxectivo da misión | Demostración tecnolóxica de comunicacións ópticas.[2][6] |
| NSSDC ID | 2005-031A |
| Masa | 600,0 kg[2][5] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 6961 km[1] |
| Inclinación | 98,1 graos[1] |
| Apoapse | 605,0 km[1] |
| Periapse | 576,9 km[1] |
OICETS (acrónimo de Optical Inter-orbit Communications Engineering Test Satellite), rebautizado tras o lanzamento como Kirari, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 23 de agosto de 2005 mediante un foguete Dnepr desde o Cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]OICETS foi un satélite de comunicacións experimental lanzado para probar a comunicación óptica, mediante láser, entre satélites en órbita, separados miles de quilómetros entre eles. Para iso levaba a bordo o instrumento LUCE (Laser-Utilizing Communications Equipment), consistente nun pequeno telescopio duns 25 cm de diámetro, que funcionaba como transmisor e receptor para establecer contaco co satélite de comunicacións experimental europeo Artemis, a máis de 30.000 km de distancia. OICETS estudou o efecto das vibracións sobre o apuntado do láser, que tiña que ter unha precisión de milésimas de grao.[2][5][6]
OICETS foi deixado de usar o 24 de setembro de 2009, moito despois do ano inicialmente previsto de vida para o satélite.[2][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "OICETS" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (27 de marzo de 2013). "OICETS" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 13 February 2006 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". 5 de marzo de 2008. ST/SG/SER.E/486. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "OICETS / Kirari" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "OICETS (Kirari)" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013.
- 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "Kirari" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013.