Podgorica (cnr) dende 1992 Подгорица (ru) dende 1992 Подгорица (cnr-cyrl) dende 1992 Титоград (ru) dende 1952ata 1992 Titograd (fr) dende 1952ata 1992 Титоград (bg) dende 1952ata 1992 Цітаград (be) dende 1946ata 1992 Podgorica (fr) dende século XIVata 1952 Подгорица (ru) dende século XIVata 1952 Рибница (ru) ata século XIV
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Podgorica (en alfabeto cirílicoserbio Подгорица; IPA [ˈpɔdgɔˌriʦa]) a antiga Titograd e, antes, Ribnica) é a capital de Montenegro e a cabeza do concello homónimo. A súa poboación atinxe 139.500 habitantes. Antes da separación de Serbia e Montenegro era unha simple capital xudicial do país. En galego-portugués é, ás veces, transcrita Podgóritsa.
Atópase situada a 44 msnm. A cidade érguese na confluencia dos ríos Ribnica e Morača, que se unen entre a fértil chaira de Zeta e o val de Bjelopavlići. A súa situación converteuna en meta de asentamentos turísticos, pois está a uns 60km das estacións de esquí invernais e a unha distancia semellante das localidades marítimas da costa do mar Adriático (88km até Kotor). A distancia ao lago Scutari, o maior lago dos Balcáns, é aínda menor.
No Medioevo respondía ao nome de Ribnica. No século XIV tomou o de Podgorica. Entre 1945 e 1992 foi renomeada como Titograd, é dicir "cidade de Tito", en honra do ditador comunista Tito. Podgorica significa "baixo o Gorica", por estar ao pé do outeiro Gorica. En 1992 por medio dun referendo restabeleceuse o nome anterior.
En 1941, durante a segunda guerra mundial, Podgorica foi ocupada polas tropas italianas do réxime fascista, que foron logo substituídas polo exército nazi alemán. Os bombardeos efectuados polas tropas aliadas en 1944, produciron graves estragos en toda a cidade, matando gran parte da poboación e destruíndo a maior porción do seu patrimonio arquitectónico e cultural, do que pouca cousa ficou. A cidade pasou a ser reconstruída desde 1945 e foi nomeada capital da nova república federal de Montenegro, posto que tradicionalmente ostentara a próxima cidade de Cetinje, e tamén mudou seu nome.