Na Idade Media o comercio da aldea baseábase na madeira do bosque Whittlewoos nos arredores da vila. O comercio da madeira chega ata os nosos días. No lado norte da igrexa parroquial atópanse os restos medievais de estanques para peixes.
Silverstone tiña unha capela do 1200.[1] Ao redor de 1780 o edificio medieval foi substituído por un de arquitectura xeorxiana. Toda a igrexa foi demolida na década de 1880 e substituído pola actual igrexa parroquial de Saint Michael, que é de arquitectura neogótica o edificio deseñado por James Piers St Aubyn e completado en 1884 Pevsner e Cherry.