close
Saltar ao contido

Varicela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Varicela
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
Doenza da varicela
 Instancia de
 Causado por
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
 Proceso de transmisión
Códigos e identificadores
Freebase/m/01r6j Editar o valor en Wikidata
MeSHD002644 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC97132 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2A72 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB29118 Editar o valor en Wikidata
CIE-111805574500 Editar o valor en Wikidata
CIE-10B01 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001592 Editar o valor en Wikidata
eMedicine969773 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776334287 e C2909134871 Editar o valor en Wikidata
KEGGH00366 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A varicela[1] é unha doenza infecciosa causada polo virus varicela-zóster, pertencente á familia dos herpesvíridos, que tamén causa o herpes zóster. Preséntase principalmente en nenos de entre un e nove anos de idade. A infección en adolescentes e adultos adoita ser máis severa e ten maior risco de complicacións como a enfermidade pulmonar intersticial. Tras un período longo de latencia (14 a 21 días), a enfermidade presenta un período prodrómico semellante a un cadro gripal con febre leve ou moderada; logo aparece un exantema macular auto limitado (ás veces con compromiso de mucosas ou enantema), que evoluciona axiña a pápulas, logo a vesículas e finalmente a costras que se desprenden logo dunha ou dúas semanas. Acompáñase de adenopatías cervicais. As lesións dérmicas poden producir cicatrices permanentes, deprimidas, hipo ou hiperpigmentadas.[2][3][4]

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]

O virus só se transmite de persoa a persoa, xa por contacto directo coas lesións cutáneas ou ó expulsarse mediante tose ou esbirros. O período de incubación ata que aparece a enfermidade é de dúas a tres semanas.[5] É contaxiosa dende dous días antes da erupción. Tamén pode ser contraída a partir das lesións dunha persoa con herpes zóster.

Nos trópicos, a varicela é común entre a xente maior e pode ser unha doenza moi seria.[6] Nos adultos, as marcas son máis escuras e as cicatrices son máis prominentes que nos nenos.[7]

Quen contrae a enfermidade a partir doutro familiar, adoita presentar formas máis graves que os primeiros casos, pode ser por un contacto máis intenso e continuado co virus. A varicela é moi contaxiosa, de maneira que o 80–90% de quen convive con ela a contrae.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]
Fotografía do virus da varicela ó microscopio electrónico.

A varicela é unha infección viral causada por un herpesvirus do xénero Varicellovirus e a subfamilia Alphaherpesvirinae. A taxonomía denominouno virus herpes humano 3 (HHV-3) cuxo único reservorio coñecido é o home. O virus ten un ADN de dobre cadea (dsADN). Todos os virus desta familia rodean o seu ADN cunha cápside icosaédrica cunha área proteica triangular que o recobre. Na poboación adulta en Europa Central ó redor do 93 ou 96 % da poboación ten anticorpos sanguíneos detectables para a varicela.[8][9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para varicela.
  2. "Exantemas en pediatría" (PDF) (5).
  3. Arnoldo Quezada (ed.). "Exantemas". Pediatría Ambulatoria (2° ed.). Mediterráneo. ISBN 9789562203234.
  4. "Varicella Zoster Virus Infection: Clinical Features, Molecular Pathogenesis of Disease, and Latency" (3). PMID 18657721. doi:10.1016/j.ncl.2008.03.011.
  5. "Chickenpox (Varicella) Prevention & Treatment". cdc.gov. 16 de novembro de 2011. Consultado o 4 de febreiro de 2015.
  6. Wharton M (1996). "The epidemiology of varicella-zoster virus infections". Infect Dis Clin North Am 10 (3): 571–81. PMID 8856352. doi:10.1016/S0891-5520(05)70313-5.
  7. "Epidemiology of Varicella Zoster Virus Infection, Epidemiology of VZV Infection, Epidemiology of Chicken Pox, Epidemiology of Shingles". Consultado o 22 April 2008.
  8. J. Gallagher et al.: «Susceptibility to varicella zoster virus infection in health care workers.
  9. S. J. Knowles et al.: «Susceptibility to infectious rash illness in pregnant women from diverse geographical regions.