close
Saltar ao contido

Veda (relixión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vedas»)
Veda
 Título
वेद (sa)
The Vedas (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   वेद (sa)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Páxina dun texto sánscrito do Rig veda, en escritura devanagari
 Subclase de
 Parte de
 Composto por
 Estudado por
Características
 Caracterizado por
 Xénero artístico
 Forma artística
 Época ambientación
 Lingua
Implicados
 Practicado por
Shakha (pt) Traducir
Adhwaryu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Autor/a
Ríshi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
século XV a. C. Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Localización
 Lugar de creación
Códigos e identificadores
VIAF178615580 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0584b5 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC538221381 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

En relixión, denomínase Veda a cada un dos textos sagrados que constitúen o fundamento da tradición relixiosa da India. Estes textos están escritos en sánscrito arcaico.[1]

Os Vedas pertencen ao vedismo, ou relixión do período védico, historicamente anterior ao hinduísmo.[2]

Son catro textos on recompilacións de himnos, coleccións de oracións, fórmulas de consagración e expiación dirixidos aos deuses, escritos nunha lingua chamada sánscrito védico, do que posteriormente se orixinou o sánscrito clásico. Inicialmente, os Vedas transmitíanse só oralmente, e aínda hoxe, nalgunhas rexións da India, como Kerala, hai escolas védicas onde os nenos aprenden o seu contido de memoria.[3]

  • O Rig veda (ou 'Veda dos himnos'), é o texto máis antigo da literatura da India, de mediados do II milenio a. C. É un texto épico-relixioso con 1.028 himnos (denominados rik) dedicados a múltiples deuses.
  • O Sama veda (ou ‘Veda cantábel’), que consiste nun 96 % dos himnos do Rig-veda, ordenados de maneira diferente.
  • O Yajur veda (ou ‘Veda do sacrificio’), que consta dun terzo de himnos do Rig-veda.
  • O Atharva veda (ou ‘o Veda do [sabio] Átharvan’), conxunto de himnos para contrarrestar maleficios nun sacrificio de fogo.

Patrimonio mundial da humanidade

[editar | editar a fonte]

A tradición do canto védico foi cualificada pola UNESCO en 2008 como Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade.[4]

  1. veda, 2º artigo no Dicionario da RAG
  2. A Enciclopedia británica (2005) utiliza indistintamente os termos vedismo, brahmanismo védico e brahmanismo, pero reserva o termo vedismo para a primeira etapa (previa ao período Bráhmana), e define o brahmanismo como a relixión da antiga India que evolucionou a partir do vedismo, e que toma o seu nome da posición predominante da súa clase sacerdotal (os bráhmanas) e da especulación acerca do Brahman, o poder supremo.
  3. Martins, Roberto de Andrade (2011): "As dificuldades de estudo do pensamento dos Vedas". En: Ferreira, Mário; Gnerre, Maria Lucia Abaurre e Possebon, Fabricio (orgs.). Antologia Védica. Edição bilingue: sânscrito e português. João Pessoa: Editora Universitária UFPB. ISBN 978-85-92665-00-5, pp. 113-183.
  4. UNESCO. "La tradition du chant védique" (en francés). Consultado o 13 de decembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outrios artigos

[editar | editar a fonte]