O grupo editou Libertad no ano 2007, iniciando unha xira con Alice in Chains. No mes de abril de 2008 Weiland deixou Velvet Revolver e reuniuse con Stone Temple Pilots. A banda entrou entón en hiato indefinido. No mes de novembro dese ano foi liberada do seu selo RCA Records a petición súa, para poder elixir con liberdade os seus pasos despois da marcha de Weiland.
A edición do álbum de estrea en solitario de Slash e o ingreso de Duff McKagan en Jane's Addiction puxo o futuro de Velvet Revolver en dúbida. Porén, McKagan deixou Jane's Addiction poucos meses despois de unirse. A pesar de estar en hiato, Velvet Revolver compuxo novos temas e planea facer unha audición para atopar vocalista e reunirse novamente en 2011.