close
Saltar ao contido

Viburno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viburno
Viburnum
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
   Viburno (gl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeDipsacales
 FamiliaAdoxaceae
 SubfamiliaOpuloideae
 XéneroViburnum Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Viburnum Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0192gz Editar o valor en Wikidata
MeSHD027925 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776243828 Editar o valor en Wikidata
ITIS35249 Editar o valor en Wikidata
OTT757503 Editar o valor en Wikidata
CoL86MY Editar o valor en Wikidata
EOL37657 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000040226 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Bóla de neve (Viburnum opulus).
Viburnum lesquereuxii

Os viburnos son plantas do xénero Viburnum, un xénero de fanerógamas con 150-175 especies de arbustos ou (en poucas especies) pequenas árbores que estaban anteriormente incluídos na familia Caprifoliaceae. Os tests xenéticos efectuados polo sistema APG II amosan que están correctamente clasificados na familia Adoxaceae.[1]

Son nativos das rexións temperadas do Hemisferio Norte, cunhas poucas especies distribuídas nas zonas montañosas tropicais de América do Sur, sueste de Asia. En África, o xénero está confinado nas montañas do Atlas.

As follas son opostas, simples e enteiras, dentadas ou lobuladas, nas rexións frías son caducas, mentres que nas rexións temperadas son perennes.

As flores prodúcense en corimbos de 5–15 cm de ancho, con flores brancas, beixes ou rosas de 3–5 mm de diámetro con cinco pétalos. O froito é unha drupa esférica de cor avermellada ou púrpura que contén unha soa semente que son o alimento dos paxaros e outros animais bravos.

Etimoloxía

Viburno nome galego do latín Viburnum: nome xenérico do nome clásico latino dunha especie deste xénero, Viburnum lantana, chamada a "árbore camiñante".[2]

Especies seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  1. Germplasm Resources Information Network: Viburnum Arquivado 05 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
  2. En Nombres Botánicos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]