Volvo
| Volvo | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
Volvo é unha marca de automóbiles de orixe sueca, coñecida pola súa alta seguridade ante accidentes. Ademais de automóbiles de turismo, fabrica vehículos industriais, incluíndo camións, autobuses, tractores e equipamento de construción.

Foi fundada en Gotemburgo en 1927 polo enxeñeiro Gustav Larson e o economista Assar Gabrielsson. En 1999 vendeu a filial Volvo Car Corporation a Ford Motor Company, que á súa vez a vendeu en 2010 á empresa chinesa Geely Automobile.[1]
O nome da empresa vén do latín, do verbo "rodar". O emblema, o círculo e a frecha, é o símbolo do deus grego Apolo, usado polos alquimistas para referirse ao aceiro co que se fabricaron os primeiros vehículos.
Son os organizadores da Volvo Ocean Race, a regata que dá a volta ao mundo mediante embarcacións de vela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Félix Cerezo (23 de decembro de 2009). "Ford vende Volvo a la china Geely". El Mundo (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Volvo |