Yolanda Be Cool é unha banda australiana composta por Sylvester Martínez e Johnson Peterson. Colaboraron co produtor australiano DCUP (Duncan MacLennan) para editar o sinxelo "We No Speak Americano", a través do selo independente Sweat It Out que eles mesmos fundaron, sampleando o hit de 1956 "Tu vuò fà l'americano" de Renato Carosone (composto por Carosone e Nisa).
Antes diso, colaboraran con DCUP cando remesturou o seu popular tema "Afro Nuts" en 2009.
O nome da banda é unha referencia a unha escena da película Pulp Fiction, onde a personaxe de Samuel L. Jackson, Jules Winnfield, dille a Yolanda, unha ladrona dunha cafetería, que se tranquilice (Be Cool, en inglés). O seu tema "Villalobos for President" refírese á personaxe do filme Esmeralda Villalobos, interpretada por Angela Jones.
En xullo do 2010 foi lanzada unha nova canción chamada "Sing Sing Sing" coa colaboración de DCUP.