Ata finais do século XX, a vida de Wollstonecraft, que abranguía varías relacións persoais non convencionais, recibía máis atención que a súa obra. Despois de dous malos asuntos con Henry Fuseli e Gilbert Imlay (con quen tivo unha filla, Fanny Imlay), casou co filósofo William Godwin, un dos devanceiros do movemento anarquista. Wollstonecraft finou á idade de 38 anos, once días despois de dar a luz a súa segunda filla, ficando atrás varios manuscritos inacabados. Esta filla, Mary Wollstoncraft Godwin, converteuse nunha consumada escritora, como Mary Shelley, a autora de Frankenstein ou o moderno Prometeo.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 173225 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 360 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.