Altair 8800
| Altair 8800 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Altair 8800 é un microordenador introducido en 1974 por Micro Instrumentation and Telemetry Systems (MITS) baseado na CPU Intel 8080.[1] Foi o primeiro ordenador persoal con éxito comercial.[2]
Visión xeral
[editar | editar a fonte]O interese polo Altair 8800 medrou rapidamente despois de que aparecese na portada do número de xaneiro de 1975 da revista Popular Electronics.[3] Vendíase por correo a través de anuncios en Popular Electronics, Radio-Electronics e noutras revistas de afeccionados.[4][5] O Altair 8800 non tiña saída de vídeo nin pantalla integrada, polo que tería que conectarse a un terminal serie ou teletipo para ter algunha saída. Para conectalo a un terminal, tiña que instalarse unha tarxeta de interface serie. Alternativamente, o Altair podía programarse usando os interruptores do panel frontal.
Segundo o pioneiro dos ordenadores persoais Harry Garland, o Altair 8800 foi o produto que catalizou a revolución microinformática da década de 1970.[6] O bus informático deseñado para o Altair converteuse nun estándar de facto en forma do bus S-100, e a primeira linguaxe de programación para a máquina foi o produto fundador de Microsoft, o Altair BASIC.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rojas, Raúl (2001). Encyclopedia of computers and computer history (en inglés). Chicago [u.a.]: Fitzroy Dearborn. ISBN 1-57958-235-4.
- ↑ Dorf, Richard C., ed. The engineering handbook. CRC Press, 2004.
- ↑ Copyright catalogs at the Library of Congress. O número de xaneiro de 1975 de Popular Electronics publicouse o 29 de novembro de 1974. Imaxe:Copyright_Popular_Electronics_1975.jpg
- ↑ "March of the outdated machines" (en inglés). Newscientist. 2009-09-21.
- ↑ Young, Jeffrey S. (1998). "Chapter 6: 'Mechanics: Kits & Microcomputers'". Forbes Greatest Technology Stories: Inspiring Tales of the Entrepreneurs (en inglés). Nova York: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-24374-4.
- ↑ Garland, Harry (marzo de 1977). "Design Innovations in Personal Computers". Computer (en inglés) (IEEE Computer Society) 10 (3): 24. doi:10.1109/c-m.1977.217669.
Non hai dúbida de que o entusiasmo actual pola informática persoal foi catalizado pola introdución do kit informático MITS Altair en xaneiro de 1975.
- ↑ Ceruzzi, Paul E. (2003). A History of Modern Computing (en inglés). Cambridge, MA: MIT Press. p. 226. ISBN 0-262-53203-4. "Este anuncio [Altair 8800] sitúase co anuncio de IBM do System/360 unha década antes como un dos máis significativos na historia da informática".
- ↑ Freiberger, Paul; Swaine, Michael (2000). Fire in the Valley: The Making of the Personal Computer (en inglés). Nova York: McGraw-Hill. ISBN 0-07-135892-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "O computador Altair 8800 de 1974". MCC (en portugués). 2021-12-19. Consultado o 2026-06-27.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |