close
Saltar ao contido

Tebeosfera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Tebeosfera
 Título
    Tebeosfera (es) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
Portada do número 0 da 3ª época (2016).
Características
 Tema principal
 Lingua
 Licenza
Implicados
 Fundador/a
 Editor/a
 Propietario/a
 Editorial
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISSN1579-2811 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Correo
Facebook: Tebeosfera Twitter: tebeosfera LinkedIn: tebeosfera Youtube: UCKBRZxKsy8qR4YmiBk4Y5bg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Tebeosfera é unha publicación electrónica periódica con máis de 2 000 textos publicados, dedicada ó estudo dos medios vinculados á cultura popular gráfica, tales como a historieta e o humor gráfico, a ilustración, a novela popular, o cine ou os xogos. O seu creador e director é Manuel Barrero e o seu subdirector é Félix López, aínda que os contidos son mantidos por un amplo grupo[1] de documentalistas, investigadores, catalogadores, teóricos e coleccionistas autodenominados "tebeditores".[2] A publicación utiliza revisión por pares cega e anónima, conta cun comité científico e está indexada por Latindex,[3] DOAJ,[4] REDIB,[5] DRJI,[6] ERIH PLUS,[7] e Dialnet[8] cun ICDS de 4.3 rexistrado por MIAR.[9] O seu ISSN é 1579-2811.

Portada do 1º número de Tebeosfera da 1ª época (2001).
Portada do 1º número de Tebeosfera da 1ª época (2001).
Portada do número 0 da 2ª época (2008).
Portada do número 0 da 2ª época (2008).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa primeira edición data do 22 de decembro de 2001, constando na súa primeira época de 19 números, o último dos cales está datado o 30 de decembro de 2005. En 2006 Astiberri Ediciones publicou un libro de 304 páxinas titulado Tebeosfera, recompilando ensaios publicados previamente na web, acompañado doutros inéditos, escritos para a ocasión.

O 4 de xullo de 2008 iniciou unha segunda época, na que apareceron 14 números, transformándose tamén nunha base de datos sobre o medio denominada "Gran catálogo de la historieta",[10] cubrindo inicialmente o período 1880-1992 e que posteriormente se ampliou, actualizándose no sucesivo de forma constante. Actualmente conta con máis de 500 000 rexistros (uns 40 000 autores, 40 000 coleccións e 480 000 números catalogados),[11] e preto de 9 500 obras teóricas.[12]

En 2009 Tebeosfera estableceuse como asociación cultural independente sen ánimo de lucro co nome de Asociación Cultural Tebeosfera (ACyT), co obxectivo de promover o estudo e a catalogación da historieta, facendo un chamamento a coleccionistas, teóricos, afeccionados e outros interesados para que se adhiran á mesma, asociándose, para continuar cos traballos de recuperación do patrimonio da banda deseñada en España.[13]

O equipo de Tebeosfera publica ademais dende 2014 o "Informe Tebeosfera",[14] un informe estatístico anual sobre a industria do cómic en España que pronto se converteu no único do seu tipo en Europa, empregada como ferramenta para entender a realidade da industria.

En setembro de 2016, presentouse[15] un novo deseño do sitio web Tebeosfera.com con novas funcionalidades como o apartado "Mi.Tebeosfera" que facilita a interacción con outros usuarios e permite reunir coleccións de cómics en liña; unha mellora do Gran Catálogo, que amplía o seu campo de acción a outros medios afíns da cultura gráfica como a ilustración, a novela popular, os xogos ou o cine; e tamén unha nova etapa da revista Tebeosfera, a súa terceira época, que apareceu a partir dese momento con periodicidade trimestral, ata o ano 2019, no que, por decisión da xunta xeral de socios, cambiou a súa periodicidade a cuadrimestral.

Todas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.

  1. Barrero, Manuel (2008). "Créditos de Tebeosfera". Consultado o 03-04-2026.
  2. Barrero, Manuel (2009). "Los Tebeditores". Consultado o 03-04-2026.
  3. "Ficha de Tebeosfera en Latindex". 2016. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2018. Consultado o 03-04-2026.
  4. "Ficha de Tebeosfera en DOAJ". 2016. Consultado o 05-10-2026.
  5. "Ficha de Tebeosfera en REDIB". 2018. Consultado o 03-04-2026.
  6. "Ficha de Tebeosfera en DRJI". 2018. Consultado o 03-04-2026.
  7. "Ficha de Tebeosfera en ERIH PLUS". 2018. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2018. Consultado o 03-04-2026.
  8. "Ficha de Tebeosfera en Dialnet". 2020. Consultado o 03-04-2026.
  9. "Ficha de Tebeosfera en MIAR". 2019. Consultado o 03-04-2026.
  10. Rodríguez, J.M.; Barrero, M. (2008). "Gran catálogo de los tebeos en España (1880-1992), Tebeosfera 2ª EPOCA 0". Consultado o 03-04-2026.
  11. "Estadísticas de Tebeosfera". Tebeosfera. 2025. Consultado o 03-04-2026.
  12. "Gran catálogo de la historieta". Tebeosfera. 2025. Consultado o 03-04-2026.
  13. Barrero, Manuel (05-05-2010). "Asociación Cultural Tebeosfera". Consultado o 03-04-2026.
  14. "Informe Tebeosfera". Tebeosfera. 2025. Consultado o 03-04-2026.
  15. Martos, Paco (2016). "Tebeosfera renueva su apuesta por la cultura gráfica". Consultado o 03-04-2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]