close
Saltar ao contido

Dinastía Qin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinastía Qin
Imaxe
 Parte de
Características
 Forma de goberno
Datas
 Fundación / creación
221 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
206 a. C. Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Dinastía Han (206 a. C. - 220) Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
Qin (pt) Traducir (905 a. C. - 221 a. C.)
Wei (pt) Traducir (década de 1040 a. C. - 209 a. C.)
Chu (722 a. C. - 223 a. C.)
Dinastía Zhou (1046 a. C. - 256 a. C.) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Western Chu (en) Traducir (206 a. C. - 202 a. C.)
Linjiang (en) Traducir (206 a. C. - 202 a. C.)
Hengshan (en) Traducir (206 a. C. - 202 a. C.)
Dai (en) Traducir (206 a. C. - 114 a. C.)
Yan (Zang Tu) (en) Traducir (209 a. C. - 202 a. C.)
Jiaodong Kingdom (en) Traducir (206 a. C. - 8)
Liaodong (en) Traducir (206 a. C. - 206 a. C.)
Qi (209–203 BC) (en) Traducir (209 a. C. - 203 a. C.)
Nanyue (204 a. C. - 111 a. C.)
Changshan (en) Traducir (206 a. C. - 205 a. C.)
Han (208BC-200BC) (en) Traducir (208 a. C. - 200 a. C.)
Yong (en) Traducir (206 a. C. - 205 a. C.)
Jiujiang (en) Traducir (206 a. C. - 204 a. C.)
Yin (en) Traducir (206 a. C. - 205 a. C.)
Sai (en) Traducir (206 a. C. - 206 a. C.)
Western Wei (en) Traducir (206 a. C. - 205 a. C.)
Zhai (en) Traducir (206 a. C. - 206 a. C.)
Kingdom of Henan (en) Traducir (206 a. C. - 205 a. C.)
Dinastía Han (206 a. C. - 220) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
Xianyang (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF233150325514610090002 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bx3x Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A dinastía Qin (chinés tradicional e simplificado: 秦朝; pinyin: Qín cháo; Wade-Giles: Ch'in2 ch'ao2) foi a primeira das dinastías imperiais chinesas.[1][2] Recibe o seu nome do seu estado de orixe, o reino de Qin, un feudo da dinastía Zhou. Qin existiu durante uns cincocentos anos até que, no -221, tomou o poder imperial tras conquistar aos seus reinos rivais; o seu dominio duraría até o -206, cando foron derrocados polos Han.[3] A dinastía comezou formalmente cando Ying Zheng, rei de Qin, se declarou a si mesmo emperador, baixo o nome de Shi Huangdi.

Durante os seus primeiros séculos de existencia, Qin foi un reino menor na súa rexión. Porén, a súa forza incrementouse considerablemente polas reformas de Shang Yang no século -IV, durante o período dos Reinos Combatentes. Dende mediados do século -III, os Qin levaron a cabo unha serie de incursións militares que conduciron á destrución da debilitada dinastía Zhou, e logo á conquista dos Sete Reinos Combatentes. Con tan só quince anos de duración e só dous emperadores, foi a máis breve das grandes dinastía chinesas. Con todo, o seu legado militar e administrativo serían asumidos polos Han, que consolidaron o sistema imperial, que perdurou dende o -221 (con interrupcións, evolucións e adaptacións) até a revolución Xinhai do 1912.[4]

Os Qin intentaron crear un estado unificado mediante unha estrutura política centralizada e un grande exército, ámbolos dous sostidos mediante unha economía estable.[4] O obxectivo deste goberno central era limitar o poder dos aristócratas e terratenentes, controlando directamente aos labregos, que conformaban a meirande parte da poboación e da forza de traballo. Isto permitiu o desenvolvemento de ambiciosos proxectos, que chegaron a empregar até trescentos mil campesiños e convictos. Así, por exemplo, foron creadas as fronteiras do norte, xermolo da Gran Muralla Chinesa, ou o enorme sistema de estradas, así coma o xigantesco mausoleo de Shi Huangdi, onde se atopan os célebres guerreiros de terracota.[5]

Tamén realizaron outras reformas, como a estandarización da moeda, dos pesos e medidas, e da escrita, co obxecto de unificar o estado e promover o comercio. Ademais, os seus exércitos empregaban armamento, tácticas e sistemas de transporte moi avanzados, a pesar das limitacións da súa burocracia.

Cando o primeiro emperador finou no -210, dous dos seus conselleiros favoreceron o ascenso dun herdeiro para intentar influenciar e controlar a administración. Porén, as súas disputas conduciron á morte de ambos, así como á do segundo emperador. As revoltas populares debilitaron aos Qin, que acabarían derrotados polo xeneral Xiang Yu, quen se proclamou rei dos Chu do oeste, e por Liu Bang, quen fundou a dinastía Han. Os confucianos ao servizo dos Han representaron aos Qin coma unha tiranía legalista e monolítica, citando unha purga coñecida como a queima dos libros e o enterramento dos eruditos, que é posta en dúbida polos historiadores contemporáneos.[6]

  1. "Qin dynasty - History, Facts, & Achievements - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-02-22.
  2. Publishers, HarperCollins. "The American Heritage Dictionary entry: Qin". www.ahdictionary.com (en inglés). Consultado o 2024-02-22.
  3. Feng, Li (2013-12-30). Early China: A Social and Cultural History (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-89552-1.
  4. 1 2 Tanner, Harold M. (2010-03-15). China: A History (Volume 1): From Neolithic Cultures through the Great Qing Empire, (10,000 BCE - 1799 CE) (en inglés). Hackett Publishing. ISBN 978-1-60384-563-2.
  5. Beck, Roger B. (2005). Ancient World History: Patterns of Interaction (en inglés). McDougal Littell. ISBN 978-0-618-37679-7.
  6. Lander, Brian (2021). The King's Harvest: A Political Ecology of China from the First Farmers to the First Empire (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0-300-25508-9.