Aarhus
Aparencia
(Redirección desde «Århus»)
Aarhus ou Århus é unha cidade dinamarquesa, capital do condado de igual nome, situada ao leste de Xutlandia. É unha das cidades máis antigas de Dinamarca, o bispado data de cando menos o 951, e a segunda con máis poboación. A catedral comezouse a construír no 1201, e é a igrexa máis grande de Dinamarca. A economía baséase nas manufacturas metálicas e para a maquinaria, na fabricación de aceite e no porto comercial.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación:
- 1980 - 244.839
- 1985 - 252.071
- 1990 - 261.437
- 1995 - 277.477
- 1999 - 283.673
- 2000 - 284.846
- 2003 - 291.258
- 2004 - 293.510
| Predecesor: |
Capital Europea da cultura xunto con 2017 |
Sucesor: |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aarhus |