Aepyornithidae
| Aepyornithidae | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Aepyornithidae Charles Lucien Bonaparte 1853 | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
|
Subdivisións
| |||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
As aves elefante (Aepyornithidae) son un clado de aves paleognatas extintas non voadoras endémicas de Madagascar.[1][2] A posición filoxenética destas aves segundo os últimos estudos moleculares é a do grupo irmán dos kiwis.[3]
Xeneralidades
[editar | editar a fonte]Os rexistros fósiles, do mesmo xeito que as crónicas da época, sitúan ás aves elefantes como as segundas aves máis altas que pisen a terra, a primeira sería a moa, pois erguíase até os dous metros, podendo mesmo acadar os tres metros. Hai 85 millóns de anos xurdiu a liñaxe do Aepyornis, o “paxaro de elefante” de Madagascar, que foi a meirande ave que existiu. Aínda que é máis baixo que a especie de moa máis alta, un Aepyornis podería pesar arredor de 550 quilogramos e ter até 3 metros de altura e 2,3 metros de lonxitude.
De feito, o nome científico das aves elefante, en grego, significa “paxaro alto”. O peso roldaría a media tonelada. Isto último convertía á ave elefante na máis pesada que existiu xamais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- ↑ Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. Yale University Press, New Haven, Conn.
- ↑ Mitchell, K.J. et al. (2014) Ancient DNA reveals elephant birds and kiwi are sister taxa and clarifies ratite bird evolution. Science, 344(6186):898-900.
