close
Saltar ao contido

Atol Arno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atol Arno
Imaxe
 Parte de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
2.069 (1999)
1.794 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   13 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   3 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+12:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF236136816 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02n9hn Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Arno é un atol de 133 illas no océano Pacífico. É un distrito lexislativo das Illas Marshall na cadea Ratak. O territorio abarca 13 quilómetros cadrados de terra firme. A diferenza da maioría dos outros atois, Arno inclúe tres diferentes lagoas, unha gran lagoa central, e dúas máis pequenas no norte e o leste. A súa lagoa principal inclúe unha superficie de 338´7 km². A unha distancia de só 20 km, é o atol máis próximo á capital das Illas Marshall, o atol Majuro, e pódese ver mirando cara ao leste desde Majuro nun día claro. Atópase aproximadamente a 47 km. ao leste de Ujae.

A poboación do atol Arno era de 2.069 segundo o censo de 1999. Os illotes máis poboados son Ajeltokrok, Kobjeltak, Rearlaplap, Langor e Tutu. O pobo máis grande é Ine, Arno.

Os habitantes de Arno son ben coñecidos pola súa produtividade na fabricación de copra (a carne seca de coco, da que é extraído o aceite de coco). As mulleres de Arno son famosas pola produción da Bolsa de Kili, un popular bolso tecido a man, o nome doutra illa nas Illas Marshall (á que a poboación do atol Bikini foi finalmente trasladada como consecuencia das probas nucleares dos Estados Unidos que se levaron a cabo no seu atol). En Arno supostamente había unha tradicional "escola de amor".

O atol Arno foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio do Xapón. Tras o final da segunda guerra mundial, o atol Arno quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da República das Illas Marshall desde 1986.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]