close
Saltar ao contido

Atol Mururoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atol Mururoa
 Nome orixinal
   Moruroa Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
1767 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   0 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   11 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   28 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   15 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
OpenStreetMap6065885 Editar o valor en Wikidata
VIAF234580472 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02thc4 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Mururoa, tamén chamado Moruroa, é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende da comuna de Tureia, pero foi cedido pola Asemblea Territorial ao Centro de Experimentación do Pacífico, xunto co atol Fangataufa, para facer probas nucleares. É unha zona militar con acceso prohibido sen autorización. Está situado ao sur do arquipélago, a 1.250 km ao sueste de Tahití.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol ten unha forma ovalada de 28 km de longo e 11 km de ancho. Ten un paso á lagoa interior ao noroeste, de 10,2 metros de profundidade e 100 metros de ancho. A lagoa ten unha profundidade media de 37 metros. Dispón de varios edificios e construcións militares, ademais dun aeroporto. Está habitado por unha unidade militar de vixilancia.

O nome Moruroa, na lingua de Mangareva, quere dicir "illa do gran segredo". Normalmente escríbese Mururoa, pero non existe unha grafía oficial ao non ter unha organización administrativa. O atol foi descuberto en 1767 polo inglés Philip Carteret, que a chamou Osnaburg. En 1792 naufragou o baleeiro Matilda e os sobreviventes conseguiron chegar ata Tahití coas barcas de salvamento; por iso tamén se coñeceu como Matilda's Rock.

Desde 1966 ata 1974 fixéronse 41 probas nucleares atmosféricas e, ata 1995, 137 probas subterráneas. A última campaña de ensaios, antes da firma do tratado de prohibición total de ensaios nucleares, provocou unha serie de protestas internacionais e de boicots, sobre todo de países do Pacífico e de organizacións internacionais, como Greenpeace. Os ensaios foron abandonados definitivamente en 1996, substituídos por simulacións en laboratorio. Hoxe a armada francesa ten un dispositivo de vixilancia da evolución xeolóxica e radiolóxica do atol.