Fountains of Wayne é unha banda estadounidense de power pop formada en Nova York en 1996. Os seus membros fundadores foron Chris Collingwood, Adam Schlesinger, Jody Porter e Brian Young. A banda publicou seis álbums entre os anos 1996 e 2011, antes de disolverse en 2013.
Schlesinger morreu de complicación da COVID-19 o 1 de abril de 2020,[1] e os membros supervevintes da banda reuníronse para realizar un concerto en liña como tributo a Schlesinger o 22 de abril dese ano.[2]