A hemimorfita, tamén chamada calamina, é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo sorosilicatos. Calamina é un sinónimo, aínda que este propiamente é o nome que usaban os mineiros para designar á mestura que aparecía frecuentemente de hemimorfita, smithsonita e hidrocincita na parte alta das minas de cinc.
Un hidroxisilicato de cinc hidratado, con aspecto de cristais alongados dispostos en costras radiadas, normalmente brancas, mais é frecuente en costras masivas de tonalidades verde ou azul intenso.
Foi denominado hemimorfita debido ao desenvolvemento hemimórfico dos seus cristais. Esta infrecuente forma de cristalización provoca que os cristais rematen en caras desiguais.
Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., ISBN 0-471-80580-7
Boni, M., Gilg, H.A., Aversa, G., e Balassone, G., 2003, The "Calamine" of southwest Sardinia: Geology, mineralogy, and stable isotope geochemistry of supergene Zn mineralization: Economic Geology, v. 98, p.731-748.