Hirosaki (弘前市, ひろさきし; Hirosaki-shi) é un concello da prefectura de Aomori no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Tōhoku e ao suroeste da prefectura, no norte da illa de Honshū. Ten 524,12km² de superficie, unha poboación de 183.931 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 351 h/km².
Era capital do dominio Hirosaki (弘前藩) do clan Tsugaru (津軽氏) na época do shogunato de Tokugawa. Actualmente é a cidade central da parte oeste da prefectura de Aomori (rexión de Tsugaru).