close
Saltar ao contido

Ilex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ilex
Ilex
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Características
 Fonte de
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeAquifoliales
 FamiliaAquifoliaceae
 XéneroIlex Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Ilex Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/018tvc Editar o valor en Wikidata
MeSHD030017 Editar o valor en Wikidata
ITIS27980 Editar o valor en Wikidata
OTT727571 Editar o valor en Wikidata
CoL62WJ5 Editar o valor en Wikidata
EOL40226 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000018994 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Ilex é un xénero cunhas 400 especies aceptadas, das máis de 1000 descritas, formado por árbores e arbustos comunmente coñecidos coma acivros. É un dos tres xéneros da familia, os outros dous son Nemopanthus (con 3 especies) e Prinos (monoespecífico), malia a APG[1] admite un só xénero: Ilex. A maior diversidade de especies dáse nas rexións achegadas aos trópicos, onde tamén se atopan as maiores densidades de acevedos. En Galiza atopamos unha soa especie deste xénero: o acivro común ou xardón.

Ten grande importancia no xénero a especie Ilex paraguariensis, coñecida coma herba mate, de cuxas follas faise unha coñecida infusión en América do Sur.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Follas e froitos do acivro europeo (Ilex aquifolium).

Son arbustos e árbores que acadan de 2 a 25 metros de altura. As follas son simples e poden ser persistentes ou caedizas, son enteiras, finamente ou pronunciadamente dentadas e espiñentas. Con flores masculinas e femininas en distintas plantas, aínda que hai excepcións. O froito é unha baga, xeralmente vermella cunha a dez sementes. O máis rechamangueiro son, de feito, os seus froitos, mais as súas flores son as que os identifican máis facilmente.

Normalmente son plantas dioicas, é dicir, que debe atoparse polo menos un individuo masculino por cada tres femininos a fin que poidan producir froitos. Porén, algunhas especies producen froitos partenoxeneticamente, tal como o cultivar 'Nellie Stevens R.'.

Ilex anomala
Ilex cassine
Ilex crenata

Propiedades

[editar | editar a fonte]

As bagas, que xeralmente son suavemente tóxicas, poden causar vómitos ou diarreas ao seren inxeridas polos humanos. Con todo, as propiedades velenosas para os humanos téñense esaxerado e as mortes por envelenamiento son case descoñecidas. As sementes de Ilex aquifolia poden ser mortais para os cativos se as toman en gran cantidade, cousa pouco probábel por mor do seu desagradábel sabor. De 20 a 30 bagas vermellas son consideradas letais para un humano adulto.

Porén é un alimento moi importante para os paxaros e outros animais salvaxes, pois polo inverno é unha importante fonte de alimento e acubillo.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Ilex aquifolium variegado, común en xardinaxe.

O xénero inclúe arredor dunhas 400 especies, divididas en tres subxéneros:

  • Subxénero Byronia, coa especie tipo Ilex polypyrena;
  • Subxénero Prinos, cunha especie aceptada, considerado por autores coma xénero;
  • Subxénero Ilex, co resto das 400 especies.

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 125. 1753.[2] A especie tipo é: Ilex aquifolium L.

Etimoloxía

Antigamente, o nome de acivro dábase unicamente á especie europea (Ilex aquifolium), porén moitos representantes do xénero son denominados tamén de acivros por mor da súa evidente semellanza.
O nome botánico "ilex", era o nome designado en latín para unha especie de Quercus (Quercus ilex) comunmente chamada en galego de aciñeira, que ten unha follaxe semellante á do acivro europeo, e ocasionalmente se confunde con el.[3]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  1. Aquifoliales en APGWeb (cómpre busca)
  2. "Ilex". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de agosto de 2013.
  3. Abbe, Elfriede artha (1965). The plants of Virgil's Georgics. Cornell University Press. p. 88.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]