close
Saltar ao contido

Insuficiencia renal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Insuficiencia renal
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
Características
 Especialidade médica
 Afecta a
 Fármacos para tratamento
Códigos e identificadores
Freebase/m/01psyx Editar o valor en Wikidata
MeSHD051437 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC4376 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.medicalrecords.com… Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB26060 Editar o valor en Wikidata
CIE-11761526554 Editar o valor en Wikidata
CIE-10N19 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2991844318 e C3019040382 Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Ril dunha persoa que tiña insuficiencia renal.

Unha insuficiencia renal é unha condición médica na cal os riles deixan de filtrar adecuadamente os produtos de refugallo do sangue.[1] As dúas formas principais son a insuficiencia renal aguda, que adoita ser reversible co tratamento axeitado, e a insuficiencia renal crónica, que normalmente non é reversible. En ambos os casos, adoita haber unha causa subxacente.

A insuficiencia renal determínase principalmente por unha diminución na taxa de filtración glomerular (TFG), a velociade á cal se filtra o sangue no glomérulo renal. Unha TFG menor, corresponde a unha maior gravidade do proceso. Isto provoca unha diminución ou mesmo unha ausencia de produción de urina e a acumulación de produtos de refugallo (creatinina ou urea) no sangue (azotemia). Dependendo da causa, pode presentarse hematuria (perda de sangue na urina) e proteinuria (perda de proteínas na urina). Moi a miúdo, cursa con hipertensión arterial asociada que aumenta de forma progresiva se non se trata.[2] O trastorno hipertensivo que padecen as persoas con insuficiencia renal de longa duración ten un difícil control e require a combinación de dous ou máis compostos antihipertensivos para conseguir un estado de normotensión (130/80 mmHg).[3]

Na insuficiencia renal pode haber problemas de retención de líquidos no corpo (que produce edemas), aumento dos niveis de ácidos, niveis elevados de potasio, diminución dos niveis de calcio, aumento dos niveis de fosfato (hiperfosfatemia),[4] e nas etapas posteriores, anemia. Tamén se poden ver afectados os ósos (osteodistrofia renal), feito que provoca unha ampla gama de manifestacións que teñen a súa orixe en diversos mecanismos fisiopatolóxicos que progresan en función da duración da doenza:[5] resorción e esclerose ósea, osteomalacia, osteopenia ou osteoporose, por exemplo. A longo prazo os problemas renais están asociados cun maior risco cardiovascular,[6] en boa parte a causa dunha elevación prolongada do bicarbonao sérico nun contexto de desequilibrio ácido-básico[7] e tamén por unha calcificación arterial anómala secundaria á desregulación do metabolismo do calcio e dos fosfatos, que favorece o desenvolvemento da doenza coronaria.[8] Fálase de síndrome cardiorrenal cando nun doente coexisten simultaneamente unha insuficiencia renal e unha insuficiencia cardíaca, de forma que un aumento da disfunción dos riles empeora a disfunción do corpo e viceversa, producíndose así un efecto de retroalimentación que acelera á vez o dano renal e o miocádico, agrupado hoxe en día en cinco condicións clínicas diferentes.[9]

Nos doentes de cirrose e ascite existe unha disfunción circulatoria asociada á vasoconstrición renal e á conseguinte deterioración do fluxo sanguíneo dos riles. Neste contexto, un empeoramento adicional da función hepática ou dos axentes etiolóxicos que diminúen o volume vascular efectivo comporta unha perfusión reducida e un baixo filtrado glomerular que orixina o desenvolvemento da insuficiencia renal.[10]

En pacientes anciáns afectados de obstrucción intestinal, non é infrecuente á aparición dunha insuficiencia renal de natureza prerrenal, a causa da acumulación masiva de líquidos nas asas do intestino.[11]

A obesidade considérase un factor de risco asociado ao desenvolvemento da insuficiencia renal, xa que pode ser a causa dunha proteinuria que, co paso dos anos, ocasione unha diminución do filtrado glomerular.[12] Ademais, un exceso de masa corporal comporta un fenómeno de hiperfiltración prolongada que con frecuencia constitúe o substrato dunha glomerulopatía.[13]

Raramente, a sarcoidose (familiar ou non) ten como primeira manifestación unha insuficiencia renal con hipercalcemia e hipercalciuria. Agás en casos moi determinados, acostuma responder ben aos corticoides.[14][15]

A orixe dlgunhas insuficiencias renais pode ser iatroxénica. A administración endovenosa continuada de bifosfonatos ricos en nitróxeno (compostos derivados do pirofosfato que inhiben a actividade osteoclástica) é unha causa ocasional de insuficiencia renal, xa que ten un efecto nefrotóxico que fai necesario un control analítico adecuado do paciente.[16] En anciáns polimedicados, con diversas patoloxías de base pero sen evidencias de doenza renal previa, a toma de AINEs pode inducir a aparición dunha insuficiencia renal.[17] Poucas veces as solucións orais de fosfato de sodio utilizadas antes da práctica das colonoscopias desencadean insuficiencias renais agudas ou crónicas.[18] Doses excesivas de catárticos que conteñen magnesio poden causar insuficiencias renais ou agravar disfuncións renais xa existentes, especialmente en doentes xeriátricos con alteracións do tránsito intestinal.[19] Describíronse casos esporádicos de insuficiencia renal progresiva secundarias ao tratamento con alectinib[20] (un inhibidor da quinase linfoma-anaplásica indicado en certos tipos de cancro de pulmón e cunha boa tolerancia en xeral), que comportaron un cambio de medicación.[21] A toma de determinados fármacos durante a xestación, como agora o telmisartan (un antagonista dos receptores de anxiotensina II) pode ocasionar insuficiencias renais agudas en neonatos.[22] En raras ocasións, unha reacción adversa á sacarosa empregada como excipiente para administrar inmunoglobulinas endovenosas foi causa de insuficiencias renais.[23]

Certas insuficiencias renais, sobre todo as agudas, son consecuencia de reaccións anafilácticas graves a medicamentos ou da acción de toxinas[24][25] o de velenos dalgúns insectos[26] e ofidios;[27] ademais, a síndrome hemolítica-urémica é unha das causas máis frecuentes de insuficiencia renal aguda en pacientes pediátricos.[28] Poden ser subseguintes a fenómenos isquémicos renals producidos polo consumo de cocaína.[29]

As insuficiencias renais non son raras en casos de golpe de calor asociados ao exercicio físico.[30]

  1. Medline Plus. «Kidney Failure». National Institutes of Health, 2012. [Consulta: 1 de xaneiro de 2013].
  2. Marín, M; Gorostidi, M «Tratamiento de la hipertensión arterial en enfermos con insuficiencia renal. Estadios 2 y 3 de la enfermedad renal crónica» (en castelán). Nefrologia (Madr.), 2004; 24 Supl 6, pp: 91-100. ISSN: 1989-2284 [Consultado o 24 de marzo de 2018].
  3. Méndez Durán, A. «Tratamiento de la hipertensión arterial en presencia de enfermedad renal crónica» (en castelán). Rev Fac Med (Méx.), 2013 maio-xuño; 56 (3), pp: 12-20. ISSN: 2448-4865 [Consultado o 24 de marzo de 2018].
  4. Lewis, JL III «Hiperfosfatemia» (en castelán). Manuales MSD. Merck Sharp & Dohme Corp, 2018; Mar (rev), páxs: 4 [Consultado o 17 de setembro de 2018].
  5. Astudillo, A; Cocioa, R; Ríos, D «Osteodistrofia renal y trastornos del metabolismo y la mineralización ósea asociados a enfermedad renal crónica: manifestaciones en radiología» (en castelán). Rev Chil Rad, 2016 Gen-Mar; 22 (1), pp: 27-34. doi 10.1016/j.rchira.2016.02.002. ISSN: 0717-201X [Consultado o 24 de marzo de 2018].
  6. Liao, MT; Sung, CC; Hung, KC; Wu, CC; Lo, L «Insulin resistance in patients with chronic kidney disease» (en inglés). J Biomed Biotechnol, 7 de agosto de 2012; 2012, pp: 691369. DOI: 10.1155/2012/691369. PMC: 3420350. PMID 22919275 [Consultado o 24 de marzo de 2018].
  7. Dobre M, Yang W, Pan Q, Appel L, et al «Persistent High Serum Bicarbonate and the Risk of Heart Failure in Patients With Chronic Kidney Disease (CKD): A Report From the Chronic Renal Insufficiency Cohort (CRIC) Study» (en inglés). J Am Heart Assoc, 20 de abril de 2015; 4 (4), pii: e001599. DOI: 10.1161/JAHA.114.001599. PMC: 4579944. PMID 25896890 [Consultado o 24 de marzo de 2018].
  8. Shanahan CM, Crouthamel MH, Kapustin A, Giachelli CM «Arterial calcification in chronic kidney disease: key roles for calcium and phosphate» (en inglés). Circ Res, 2 de setembro de 2011; 109 (6), pp: 697-711. DOI: 10.1161/CIRCRESAHA.110.234914. PMC: 3249146. PMID 21885837 [Consultado o 24 de marzo de 2018].
  9. Di Lullo L, Bellasi A, Barbera V, Russo D, et al «Pathophysiology of the cardio-renal syndromes types 1-5: An uptodate» (en inglés). Indian Heart J, 2017 marzo-abril; 69 (2), pp: 255-265. DOI: 10.1016/j.ihj.2017.01.005. PMC: 5415026. PMID 28460776 [Consultado o 6 de outubro de 2018].
  10. Ruiz del Árbol, L. «Insuficiencia renal en el paciente cirrótico» (en castelán). Gastroenterol Hepatol Contin, 2006 Gen; 5 (1), pp: 33-37. DOI: 10.1016/S1578-1550(06)74275-9. ISSN: 1578-1550 [Consultado o 31 de marzo de 2018].
  11. Enríquez Sánchez, S. [ «Análisis de la obstrucción intestinal en pacientes mayores de 50 años. -Tese de doutoramento-»] (en castelán). Departamento de Cirugía. Universidad de Granada, 2007, páxs: 162 ISBN 978-84-338-4686-0 [Consultado o 15 de abril de 2018].
  12. Morales Ruiz, E; Praga Terente, M. «Relación entre obesidad y desarrollo de insuficiencia renal» (en castelán). Hipertensión, marzo de 2008; 25 (2), pp: 61-69. DOI: 10.1016/S1889-1837(08)71738-0. ISSN: 1889-1837 [Consultado o 15 de abril de 2018].
  13. Kovesdy CP, Furth S, Zoccali C. «Obesity and kidney disease: hidden consequences of the epidemic» (en inglés). Rev Med Chil, marzo de 2017; 145 (3), pp: 281-291. DOI: 10.4067/S0034-98872017000300001. ISSN: 0034-9887. PMID 28548184 [Consultado o 15 de abril de 2018].
  14. Pastor E, Arriero JM, Gutiérrez AI, Barroso ME, et al «Renal failure as first manifestation of familial sarcoidosis» (en inglés). Eur Respir J, 2010 Des; 36 (6), pp: 1485-1487. DOI: 10.1183/09031936.00077710. ISSN: 1399-3003. PMID 21119208 [Consulta: 26 maig 2018].
  15. Ibrik O, Samon R, Roda A, Roca R, et al «Sarcoidosis: diagnóstico a partir del estudio de insuficiencia renal e hipercalcemia» (en castelán). Nefrologia (Madr.), 2011; 31 (3), pp: 371-372. DOI: 10.3265/Nefrologia.pre2011.Mar.10832. ISSN: 1989-2284. PMID 21629348 [Consultado o 26 de maio de 2018].
  16. Perazella MA, Markowitz GS. «Bisphosphonate nephrotoxicity» (en inglés). Kidney Int, 2008 Des; 74 (11), pp: 1385-1393. Arquivado do orixinal o 27 de maio de 2018. DOI: 10.1038/ki.2008.356. ISSN: 0085-2538. PMID 18685574 [Consultado o 26 de maio de 2018].
  17. Dhanvijay P, Misra AK, Varma SK «Diclofenac induced acute renal failure in a decompensated elderly patient» (en inglés). J Pharmacol Pharmacother, abril de 2013; 4 (2), pp: 155-157. DOI: 10.4103/0976-500X.110916. PMC: 3669580. PMID 23761717 [Consultado o 6 de outubro de 2018].
  18. Fernández-Juárez G, Parejo L, Villacorta J, Tato A, et al «Kidney injury after sodium phosphate solution beyond the acute renal failure» (en inglés). Nefrologia (Madr.), maio-xuño de 2016; 36 (3), pp: 243-248. DOI: 10.1016/j.nefro.2016.02.010. ISSN: 1989-2284. PMID 27087365 [Consultado o 27 de maio de 2018].
  19. Kontani M, Hara A, Ohta S, Ikeda T. «Hypermagnesemia induced by massive cathartic ingestion in an elderly woman without pre-existing renal dysfunction» (en inglés). Intern Med, maio de 2005; 44 (5), pp: 448-452. doi 10.2169/internalmedicine.44.448. ISSN: 0918-2918. PMID 15942092 [Consultado o 9 de outubro de 2018].
  20. PubChem «Alectinib» (en inglés). Compound Summary. National Center for Biotechnology Information, US National Library of Medicine, 2018 Oct 7; CID 49806720 (rev), páxs: 36 [Consultado o 9 de outubro de 2018].
  21. Nagai K, Ono H, Matsuura M, Hann M, et al «Progressive renal insufficiency related to ALK inhibitor, alectinib» (en inglés). Oxf Med Case Reports, 25 de abril de 2018; 2018 (4), pp: omy00948. DOI: 10.1093/omcr/omy009. PMC: 5915949. PMID 29713488 [Consultado o 27 de maio de 2018].
  22. Pietrement C, Malot L, Santerne B, Roussel B, et al. «Neonatal acute renal failure secondary to maternal exposure to telmisartan, angiotensin II receptor antagonist» (en inglés). J Perinatol, abril-maio de 2003; 23 (3), pp: 254-255. DOI: 10.1038/sj.jp.7210871. ISSN: 1476-5543. PMID 12732865 [Consultado o 18 de setembro de 2018].
  23. Dantal, J «Intravenous immunoglobulins: in-depth review of excipients and acute kidney injury risk» (en inglés). Am J Nephrol, 2013; 38 (4), pp: 275-284. DOI: 10.1159/000354893. ISSN: 1421-9670. PMID 24051350 [Consultado o 8 de outubro de 2018].
  24. Hedman H, Holmdahl J, Mölne J, Ebefors K, et al. «Long-term clinical outcome for patients poisoned by the fungal nephrotoxin orellanine» (en inglés). BMC Nephrol, 3 de abril de 2017; 18 (1), pp: 121. DOI: 10.1186/s12882-017-0533-6. PMC: 5379567. PMID 28372584 [Consultado o 6 de outubro de 2018].
  25. Kirchmair M, Carrilho P, Pfab R, Haberl B, et al. «Amanita poisonings resulting in acute, reversible renal failure: new cases, new toxic Amanita mushrooms» (en inglés). Nephrol Dial Transplant, abril de 2012; 27 (4), pp: 1380-1386. DOI: 10.1093/ndt/gfr511. ISSN: 0931-0509. PMID: 21965588 [Consultado o 6 de outubro de 2018].
  26. Mejía Vélez, G «Insuficiencia renal aguda por picadura múltiple de abejas africanizadas. Comunicación de 43 casos» (en castelán). Nefrologia, 2010; 30 (5), pp: 531-538. DOI: 10.3265/Nefrologia.pre2010.May.10269. ISSN: 1989-2284. PMID 20613852 [Consultado o 6 de outubro de 2018].
  27. de Silva U, Sarathchandra C, Senanayake H, Pilapitiya S, et al. «Hyponatraemia and seizures in Merrem's hump-nosed pit viper (Hypnale hypnale) envenoming: a case report» (en inglés). J Med Case Rep, 2 de agosto de 2018; 12 (1), pp: 213. DOI: 10.1186/s13256-018-1756-2. PMC: 6091016. PMID 30071895 [Consultado o 6 de outubro de 2018].
  28. Martínez de Azagra, Amelia; Isabel Iglesias, M. «Síndrome hemolítico urémico» (en castelán). Anales de Pediatría Continuada, 7, 2, 01-04-2009, páx. 79–88. doi 10.1016/S1696-2818(09)71096-0. ISSN: 1696-2818.
  29. Furaz K, Bernis Carro C, Cirugeda García A, Pérez de José A, Sánchez Tomero JA. «Infarto renal e insuficiencia renal aguda por consumo de cocaína» (en castelán). Nefrologia, 2008; 28 (3), pp: 347-349. ISSN: 1989-2284. PMID 18590504 [Consultado o 14 de outubro de 2018].
  30. Yu FC, Lu KC, Lin SH, Chen GS, et al «Energy metabolism in exertional heat stroke with acute renal failure» (en inglés). Nephrol Dial Transplant, outubro de 1997; 12 (10), pp: 2087-2092. ISSN: 0931-0509. PMID 9351070 [Consultado o 6 de outubro de 2018].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Porth, Carol. Renal failure. A: Essentials of pathophysiology: concepts of altered health states; Unit Six: Alterations in the Urinary System. Chap. 24, pp: 433-445 (en inglés). Lippincott Williams & Wilkins, 2004. ISBN 9780781746458 [Consultado o 24 de marzo de 2018]. Arquivado o 17 de abril de 2018 en Wayback Machine.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Qué es la insuficiencia renal Huarte, E/Rioja Salud. 22 de maio de 2012 (en castelán)