Iraklis Thessaloniki B.C.
| Iraklis Thessaloniki B.C. | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Nome | ΚΑΕ Ηρακλής Θεσσαλονίκης |
| Liga | A2 Ethniki |
| Fundación | 1924 |
| Cores | Branco, azul |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Ivanofio |
| Capacidade | 2.443 |
| Inauguración | 1987 |
| Campionatos | |
| Liga | 2 (1928, 1935) |
O Iraklis Thessaloniki B.C. (en grego: ΚΑΕ Ηρακλής), é un equipo de baloncesto grego da cidade de Tesalónica, que xoga na A2 Ethniki, a segunda categoría do baloncesto heleno. Disputa os seus partidos como local no Ivanofio, con capacidade para 2.500 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Forma parte dun club polideportivo creado en 1908, o Gymnastic Club Iraklis Thessaloniki, ao que tamén pertence a sección de fútbol, o Iraklis FC, aínda que a sección de baloncesto non se fundou ata 1924. O nome do equipo provén do deus grego Hércules. Gañou o primeiro Campionato de Grecia, en 1928, repetindo título en 1935, nos que son os seus únicos títulos. Xa na era moderna, permaneceu na A1 Ethniki ata o 2006, acadando os seus mellores resultados en 1995 e 2004, quedando en terceira posición. Participou en 16 ocasións en competicións europeas, sendo as súas mellores clasificacións as semifinais acandadas na Copa Saporta en 1995 e 1997.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga de Grecia
- Campións (2): 1928, 1935
- Copa de Grecia
- Subcampión (3): 1981, 1994, 1996
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Sitio web oficialArquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.