James Galway
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de decembro de 1939 Belfast |
| Educación | Conservatorio de París Guildhall School of Music and Drama Royal College of Music |
| Actividade | |
| Ocupación | intérprete de frauta travesa, editor, arranxador musical, frautista, director de orquestra, classical flautist (en) |
| Período de actividade | 1975 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Instrumento | Frauta travesa |
| Selo discográfico | RCA Red Seal |
| Outro | |
| Título | Knight Bachelor |
| Parentes | Martin Galway, sobrinho fraterno |
| Premios | |
| |
| Sitio web | jamesgalway.com |
Sir James Galway, (Irlanda do Norte, 8 de decembro de 1939), coñecido coma o home da frauta dourada, é un dos maiores virtuosos dese instrumento. Naceu en Belfast.
Seguindo os pasos de Jean-Pierre Rampal, converteuse nun dos primeiros frautistas que recorreron a súa carreira musical como solista. A Raíña Isabel II nomeouno sir en xuño de 2001.
Educación
[editar | editar a fonte]James Galway estudou no Royal College of Music con John Francis e logo na Guildhall School of Music con Geoffrey Gilbert. Logo estudou no Conservatorio de París con Gaston Crunelle e Jean-Pierre Rampal e tamén recibiu clases particulares con Marcel Moyse.
Biografía
[editar | editar a fonte]Logo do seu período de estudo, traballou 15 anos en orquestras. Galway tocou na Philharmonia Orchestra nos anos cincuenta.
Logo disto tocou coa Sadler's Wells Opera, Covent Garden Opera, a London Symphony Orchestra e a Royal Philharmonic Orchestra.
Pertenceu á Orquestra Filharmónica de Berlín, onde tocou como frauta primeira entre 1969 e 1979. Para sorpresa de Herbert von Karajan, e tras un período de desencontros, “Jimmy” Galway decidiu iniciar unha carreira en solitario que finalmente foi dun enorme éxito. Aínda hoxe adícase regularmente á interpretación, e é un dos frautistas máis recoñecidos internacionalmente. Compositores coma o español Joaquín Rodrigo ou o inglés Malcolm Arnold, por quen ten mostrado a súa admiración en repetidas ocasións, adicáronlle algunhas das súas obras.
Ademais de concertos de repertorio clásico, tamén toca programas de música contemporánea. O álbum "In Ireland", gravado por James Galway e The Chieftains superou o número 32 nas listas de vendas do Reino Unido.
É o frautista principal do London Mozart Players, con sede en Londres.
Hai pouco, Sir James participou na gravación da banda sonora da triloxía de O Señor dos Aneis, gañadora dun Oscar da Academia Americana de Cine.
Na actualidade reside en Meggen (Suíza) coa súa dona, a frautista estadounidense Jeanne Galway.