close
Saltar ao contido

Jumanji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jumanji
 Instancia de
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Personaxes
 Franquía de medios
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
15 de decembro de 1995 (Estados Unidos)
22 de febreiro de 1996 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Custo
   65.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   262.800.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   101 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF315604680 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-0D0C-0000-X-0000-0000-C Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09w353 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
55% Rotten Tomatoes (24 de xaneiro de 2026)
39/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
6/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0113497 Filmaffinity: 434111 Allocine: 13970 Rottentomatoes: m/1068044-jumanji Mojo: jumanji Allmovie: v135482 TCM: 79977 Metacritic: movie/jumanji TV.com: movies/jumanji BNE: XX5500051 Netlix: 660954 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Jumanji é un filme estadounidense dirixido por Joe Johnston que se estreou en 1995. É unha comedia-fantasía sobre un xogo de mesa sobrenatural que fai que os animais da xungla e outras criaturas se materialicen cada vez que un xogador tira os dados. Baséase no libro de ilustracións Jumanji de Chris Van Allsburg.[1] O guión é obra de Greg Taylor, Jonathan Hensleigh e Jim Strain e está protagonizado por Robin Williams, Bonnie Hunt, Kirsten Dunst, Bradley Pierce, David Alan Grier, Jonathan Hyde e Bebe Neuwirth. A historia céntrase en Alan Parrish, un rapaz que queda atrapado nun xogo de mesa mentres xogaba coa súa amiga Sarah Whittle en 1969. Vinte e seis anos despois, os irmáns Judy e Peter Shepherd atopan o xogo, comezan a xogar e sen querer liberan a Alan, agora un adulto. Despois de buscar a Sarah, os catro deciden rematar o xogo para reverter toda a destrución que causou.

O filme foi estreado o 15 de decembro de 1995. Malia a morna acollida da crítica, foi un grande éxito de recadación, conseguindo $263 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de $65 millóns e converteuse no décimo filme con maior recadación de 1995. Industrial Light & Magic foi o encargado de crear os gráficos por ordenador e os animatronics para os efectos especiais.

No 2005, estreouse un filme como sucesor espiritual de Jumanji, titulado Zathura: A Space Adventure, e que tamén foi adaptado dun libro de Van Allsburg que estaba máis directamente relacionado co libro de Jumanji. Unha secuela, Jumanji: Welcome to the Jungle, foi estreada o 20 de decembro de 2017.

Alan Parrish queda atrapado durante 25 anos nun xogo de mesa máxico e moi antigo, Jumanji. Cando finalmente é liberado por dous nenos, unha manda de animais exóticos tamén é liberada. Alan deberá salvar a súa vila da destrución.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]