close
Saltar ao contido

Lemming

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lemming
Lemmini Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon homónimo
Características
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeRodentia
FamiliaCricetidae
TriboLemmini Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de aparición
Códigos e identificadores
Freebase/m/04pym Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O lemming é un grupo de mamíferos pertencente á orde dos roedores do que hai varias especies.

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dun roedor cunha lonxitude duns 13-15 centímetros e un peso que oscila entre os 35 e 100 gramos. O pelame é pardo avermellado, nalgúns ocasións con tons amarelos e con manchas negras. Ditas manchas varían moito entre individuos, dando lugar a individuos moi diferentes entre si. As orellas e rabo son moi curtos. É unha especie pouco sociable e de vida principalmente nocturna. Non hiberna.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de musgo, bagas, cortiza, raíces e follas do chan.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Presente no norte de Escandinavia. Habita en zonas con presenza de pozas e formacións de bidueiros e matogueiras diversas. Tamén é frecuente na tundra montañosa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]