Li Chunfeng
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (zh-hant) 李淳風 602 Fengxiang District |
| Morte | 670 Chang'an |
| Actividade | |
| Ocupación | matemático, historiador, astrólogo, astrónomo, político |
| Período | Dinastía Tang |
| Familia | |
| Pai | Li Bo |
| Descrito pola fonte | Jiù Tángshū |
Li Chunfeng (en chinés tradicional: 李淳風; en chinés simplificado: 李淳风; pinyin: Lǐ Chúnfèng; Wade-Giles: Li Ch'un-feng), nome de cortesía Daozhi (道之), nado no distrito de Fengxiang (actual Baoji, en Shaanxi) en 602 e finado en Chang'an en 670, foi un matemático, astrónomo e historiador chinés da dinastía Sui. Durante a dinastía Tang foi nomeado oficial da Axencia de Astronomía Imperial para axudar ao instituto nunha reforma do calendario[1]. Finalmente ascendeu a xefe da Axencia de Astronomía Imperial e deseñou o calendario Linde. Seu pai era un oficial estatal educado e tamén un taoísta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A dinastía Sui foi importante para unir toda a China. Mais cando Li tiña dezaseis anos, a dinastía Sui caeu e a dinastía Tang tomou o poder. Non obstante, a dinastía Tang mantivo e reforzou as políticas educativas e formalizou o ensino das matemáticas na Academia Imperial. En 627, nomeou a Li Chunfeng funcionario da Axencia Imperial de Astronomía, onde foi ascendido a gran asistente en 641[2] e a director en 648, un cargo desde o que predixo a caída da dinastía Tang trinta anos despois[3]; cousa que non aconteceu: a dinastía durou ata o século X.
Obra
[editar | editar a fonte]Astronomía e calendario
[editar | editar a fonte]Introduciu un calendario reformado que se chamou calendario Linde e que se promulgou en 665 e durou ata 728. Con el, mellorou a predición das posicións dos planetas e incluíu un "mes intercalar" que é similar á idea dun día bisesto.
Li escribiu un documento no que se queixaba do uso de equipamento obsoleto na Axencia Imperial de Astronomía e foi designado para construír unha nova esfera armilar, cousa que completou en 633. A súa construción tiña un terceiro anel adicional en oposición ao deseño máis común de dous aneis.
Matemáticas
[editar | editar a fonte]Baixo os emperadores Taizong (626–649) e Gaozong (649–683), as autoridades políticas puxeron grande énfase no establecemento de textos canónicos e fomentaron varios proxectos para publicar edicións autorizadas dos textos[4].
Li Chunfeng comentou e engadiu correccións a varias obras matemáticas, como os Nove Capítulos das Artes Matemáticas de Li Hui. Cos seus traballos, e os do seu grupo, constituíronse os libros máis elementais do que máis tarde se había coñecer como os Dez Clásicos das Matemáticas, mentres que os libros máis avanzados parecen provir de Zhen Luan[5]. Estes Dez Clásicos empregáronse nas universidades imperiais durante moitos séculos[6].
Literatura
[editar | editar a fonte]Li Chunfeng contribuíu ao Libro de Sui e ao Libro de Jin, que abarcan a historia das dinastías Sui (581–618) e Jin (265–420)[7]. Escribiu sobre os descubrimentos en astroloxía, astronomía, metroloxía e música destes períodos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goodman 2019, p. 34.
- ↑ Goodman 2019, p. 37.
- ↑ Goodman 2019, p. 40.
- ↑ Chemla & Yiwen 2022, p. 278.
- ↑ Chemla & Yiwen 2022, p. 296.
- ↑ Yiwen 2016, p. 4.
- ↑ Goodman 2019, p. 30-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chemla, Karine; Yiwen, Zhu (2022). "Contrasting Commentaries and Contrasting Subcommentaries on Mathematical and Confucian Canons". En Karine Chemla; Glenn W. Most (eds.). Mathematical Commentaries in teh Ancient World (en inglés). Cambridge University Press. pp. 278–433. ISBN 978-1-108-83957-0.
- Goodman, Howard L. (2019). "The Life and Intellectual World of Li Chunfeng (602–670)". En Daniel Patrick Morgan, Damien Chaussende (eds.). Monograpphs on Tang Official Historiography (en inglés). Springer. pp. 29–50. ISBN 978-3-030-18037-9.
- Yiwen, Zhu (2016). "Different cultures of computation in seventh century China from the viewpoint of square root extraction". Historia Mathematica (en inglés). Vol. 43.1: 3–25. ISSN 0315-0860. doi:10.1016/j.hm.2015.03.002.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Li Chunfeng» (en inglés). MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland.
- Volkov, Alexei (2005). Encyclopaedia Britannica, ed. "Li Chunfeng" (en inglés).
- Liu Hui and Zu Gengzhi on the volume of a sphere Arquivado 14 de xuño de 2007 en Wayback Machine. Arquivado 2007-06-14 en Wayback Machine.