close
Saltar ao contido

Ligustrum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligustrum
Ligustrum
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeLamiales
 FamiliaOleaceae
 XéneroLigustrum Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Ligustrum Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01jpcq Editar o valor en Wikidata
MeSHD031659 Editar o valor en Wikidata
ITIS32973 Editar o valor en Wikidata
OTT597438 Editar o valor en Wikidata
CoL8VYWY Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000021729 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os alfaneiros[1] ou ligustros son os nomes comúns das especies botánicas pertencentes ao xénero Ligustrum, que abrangue arredor dunhas 40-50 especies aceptadas -das case 180 descritas[2]- de arbustos e arboriñas perennifolias, semiperennifolias ou caducifolias. Nativos de Europa, norte de África, Asia, Australasia, con centro de diversidade na China, o Himalaia, o Xapón e Taiwán. Pertencen á mesma familia da oliveira, as oleáceas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Derivado latín do verbo lĭgo, āvi, ātum, āre (atar), pola flexibilidade das súas pólas noviñas que servían para atar feixes; aplicado xa por Plinio o Vello (12,109; 24, 74).

Descrición

[editar | editar a fonte]

As flores son miúdas e recendentes e rematan en panículos. Teñen catro pétalos ensortillados e dous estames altos con anteras amarelas ou arroibadas, e entre eles os pistilos baixos; pétalos e estames saen despois que a flor for fertilizada, levando o pistilo ao tubo do cáliz. A floración comeza logo de 330 graos días. Os froitos, en grupos, son bagas drupas miúdas púrpuras ou negras, velenosas para os humanos, porén ben asimiladas por moitas aves. En condicións favorábeis de crecemento, un arbusto individual pode producir milleiros de froitos.

Algunhas especies deste xénero representan un gran problema en Nova Zelandia. De feito, está prohibida a venda ou o cultivo de plantas do xénero Ligustrum por mor aos efectos do seu pole nos asmáticos, xa que se ten demostrado que é un causante de ataques de asma e eccemas en persoas sensíbeis.

O alfaneiro é atacado polas larvas dalgunhas especies de lepidópteros (avelaíñas), entre elas: Hemithea aestivaria, Chloroclysta truncata, Amphipyra pyramidea, Ectropis crepuscularia, Alcis repandata, Odontopera bidentata, Euplexia lucipara, Chloroclystis v-ata ou Peribatodes rhomboidaria.

Especies aceptadas

[editar | editar a fonte]

Na Península Ibérica só están presentes as especies a seguir: L. lucidum, L. ovalifolium e L. vulgare[3]. Non sendo comúns en Galicia.

Nalgunhas partes do mundo onde non son nativos, algunhas especies de alfaneiro considéranse plantas invasoras, tendo desprazado as especie nativas. É particularmente un problema en América do Norte, onde non hai especies naturais.[4]

  1. Ligudtrum en The Plant List
  2. "'Ligustrum en Flora Ibérica. RJB/CSIC, Madrid". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2013.
  3. Swearingen, J., K. Reshetiloff, B. Slattery e S. Zwicker (2002). "Privets". Plant Invaders of Mid-Atlantic Natural Areas. National Park Service and U.S. Fish & Wildlife Service. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 23 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]