O mandril[1] (Mandrillus sphinx) é un primate da familia Cercopithecidae,[2] relacionado co babuíno e máis estreitamente co dril. O seu hábitat natural atópase no Camerún, Gabón, Guinea Ecuatorial e a República do Congo. Os mandrís viven principalmente na selva tropical e nas zonas de confluencia coa sabana. Teñen unha dieta omnívora que se compón de froitas e insectos. A súa época de apareamento ten lugar dende xuño ata outubro.
Tanto o mandril coma o dril foron outrora clasificados como babuínos dentro do xéneroPapio, pero investigacións recentes determinaron que deberían ser separados no seu propio xénero, Mandrillus.[2]Charles Darwin escribiu en The Descent of Man que "ningún outro membro da clase dos mamíferos está coloreado dun xeito tan extraordinario coma o está o adulto macho de mandril."[3] A especie está clasificada como vulnerable pola IUCN.
12Nowak, Ronald M (1999). The Johns Hopkins University Press, ed. Primates of the World. Baltimore, Maryland. p.151–152. ISBN0-8018-6251-5. Consultado o 7 de setembro de 2010.