Mario Capecchi
Mario Ramberg Capecchi (nado o 6 de outubro de 1937) é un xenetista molecular estadounidense nado en Italia que recibiu en 2007 o Premio Nobel de Medicina por descubrir un método para crear ratos aos cales se lles desactivaba un xene, denominados ratos knockout.[1][2][3][4][5][6] Compartiu o premio Nobel con Martin Evans e Oliver Smithies.[7] Actualmente é profesor distinguido de Xenética Humana e Bioloxía na Escola de Medicina da Universidade de Utah.[8][9][10][11][12]
Vida
[editar | editar a fonte]Mario Capecchi naceu en Verona, Italia, fillo único de Luciano Capecchi e Lucy Ramberg, que era filla nada en Italia[13] dunha pintora impresionista nada nos Estados Unidos chamada Lucy Dodd Ramberg e do arqueólogo alemán Walter Ramberg. Os seus pais non estaban casados, e debido aos turbulentos acontecementos producidos en Europa durante a segunda guerra mundial, os detalles das primeiras etapas da súa vida non están claros. En 1941 Mario e súa nai estaban vivindo preto de Bolzano, a uns 256 km ao norte de onde vivía seu pai en Reggio Emilia, cando arrestaron e deportaron súa nai por repartir panfletos e pertencer a un grupo antifascista.[14] Antes do seu arresto[15] fixo plans de continxencia para vender as súas pertenzas e dar os cartos obtidos a unha familia de campesiños veciña para que coidase do seu fillo. Porén, non foi moito antes de que Mario acabase vivindo sen fogar nas rúas de Bolzano.[16][17] En xullo de 1942, uns poucos meses antes de cumprir os cinco anos, os rexistros italianos suxiren que foi vivr co seu pai en Reggio Emilia, ao cal Mario confirmou, pero sinalou que estivera co seu pai só durante breves períodos[18] e que vivía principalmente nas rúas ata que foi ingresado nun orfanato ao final da guerra.
Mario case morre de malnutrición. Súa nai sobreviviu á guerra en Alemaña (parte das razóns polas que os detalles da súa primeira etapa da vida non están claros é que ela nunca falou das súas experiencias), e cando acabou empezou a buscalo a el durante todo un ano ata que finalmente o atopou cando tiña 9 anos nunha cama de hospital de Reggio Emilia, onde estaba doente con febre e subsistindo cunha cunca diaria de café de chicoria e pan. Levouno a Roma, onde tomou o seu primeiro baño desde que deixara de estar ao coidado da súa nai e onde, cos cartos enviados polo seu tío, Edward Ramberg, un médico americano da RCA, preparou a súa partida para os Estados Unidos. Nai e fillo trasladáronse a Pensilvania a vivir nunha "comunidade intencionalmente cooperativa" chamada Bryn Gweled,[19] que fora cofundada polo seu tío. (O outro tío materno de Capecchi, Walter Ramberg, era tamén un importante médico estadounidense[20]). Graduouse na George School, unha escola internado cuáquera en Bucks County, Pensilvania en 1956.[15]
Capecchi obtivo a súa licenciatura (Bachelor of Science) en Química e Física en 1961 no Antioch College de Ohio. Capecchi foi ao MIT como estudante graduado coa intención de estudar Física e Matemáticas,[21] mais durante o curso dos seus estudos, empezou a interesarse pola bioloxía molecular. O seu cambio de interese foi pulado pola súa preferencia por traballar con poucos científicos e realizar experimentos que non requirisen o uso de grandes máquinas. Seguidamene trasladouse a Harvard ao laboratoio de James D. Watson, codescubridor da estrutura do ADN.[22] Capecchi obtivo o seu doutoramento (PhD) en Biofísica en 1967[23] na Universidade Harvard, e completou a súa tese de doutoramento durante a tutelaxe de Watson.
Capecchi foi un membro júnior da Sociedade de Membros da Universidade de Harvard desde 1967 a 1969. En 1969 converteuse e profesor axudante do Departamento de Bioquímica da Escola Médica de Harvard. Ascendeu a profesor asociado en 1971. En 1973 uniuse á facultade de docentes da Universidade de Utah. Desde 1988 Capecchi foi tamén investigador do Instituto Médico Howard Hughes. É membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos. Concedéronlle unha charla para o Programa de Xenética e Xenómica da Universidade Duke como parte da súa Serie de Conferenciantes Distinguidos.[24] Foi o orador das Conferencias Racker de Bioloxía e Medicina de 2010 e da Conferencia Distinguida de Cornell de Bioloxía Celular e Molecular na Universidade Cornell.[25] É membro da Fundación Italia-EUA.
Despois de que o comité do premio Nobel anunciase publicamente que Capecchi fora galardoado, unha muller austríaca chamada Marlene Bonelli afirmou que Capecchi era un medio irmán seu do que levaba moito tempo separada.[26] En maio de 2008, Capecchi coñeceu a Bonelli, daquela de 69 anos de idade, no norte de Italia, e confirmou que era a súa irmá.[27]
Ratos knockout
[editar | editar a fonte]Capecchi recibiu o premio Nobel de Medicina de 2007 por crear os ratos knockout. Son ratos creados por enxeñaría xenética e fecundación in vitro, nos cales se desactivou un determinado xene desexado.[28] O premio recibiuno compartido con Martin Evans e Oliver Smithies, que tamén contribuíran nese descubrimento.
Capecchi tamén realizou unha análise sistemática da familia do xene Hox de ratos. Estes xenes exercen un papel clave no control do desenvolvemento embrionario en todos os animais multicelulares, xa que determinan a posición do desenvolvemento celular na orde axeitada ao longo do eixe do corpo da cabeza aos pés.
Honras
[editar | editar a fonte]- 1969 – Premio Eli Lilly en Química Biolóxica
- 1992 – Premio Bristol-Myers Squibb por Logros Distingidos en Investigación en Neurociencia
- 1993 – Premio Internacional por Logros en Ciencias Médicas da Fundación Gairdner
- 1993 – Premio Internacional da Fundación Gairdner
- 1994 – Premio Alfred P. Sloan Jr. da Fundación de Investigación do Cancro de General Motors
- 1996 – Premio Kyoto en Ciencias Básicas
- 1996 – Premio de Bioanalítica Molecular alemán
- 1997 – Medalla Franklin para o Avance do noso Coñecemento en Ciencias Físicas
- 1998 – Conferencia Feodor Lynen
- 1998 – Premio Rosenblatt pola Excelencia
- 1998 – Premio Baxter da Investiación Distinguida nas Ciencias Biomédicas
- 1999 – Cátedra Presidencial Financiada Helen Lowe Bamberger Colby e John E. Bamberger do Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Utah
- 2000 – Conferencia en Ciencias da Vida no Collège de France
- 2000 – Premio ao Alumno Distinguido Horace Mann, Antioch College
- 2000 – Premio Phoenix-Anni Verdi italiano de investigación xenética
- 2001 – Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica, compartido con Martin Evans e Oliver Smithies[29]
- 2001 – Premio Jiménez-Díaz español
- 2001 – Premio aos Pioneiros do Progreso
- 2001 – Madalla Nacional de Ciencias[30]
- 2002 – Premio Medalla John Scott
- 2002 – Premio Massry da escola Keck de Medicina, Universidade do Sur de California
- 2003 – Premio Internacional de Investigación do Cancro da Fundación Pezcoller-AACR
- 2002–2003 – Premio Wolf de Medicina
- 2005 – Premio March of Dimes de Bioloxía do Desenvolvemento
- 2007 – Premio Jacob Heskel Gabbay de Biotecnoloxía e Medicina[31]
- 2007 – Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, compartido con Martin Evans e Oliver Smithies[7]
- 2008 – Premio ao Científico Distinguido da Asociación Americana do Corazón
- 2011 – Premio Cátedra Santiago Grisolía, Valencia, España
- 2011 – Premio Mike Hogg, Centro do Cancro MD Anderson da Universidade de Texas
- 2012 – Medalla UCSF[32]
- 2012 – Doutor Honoris Causa, Escola de Medicina da Universidade de Bolonia, Italia
- 2013 – Doutor Honoris Causa, Universidade de Cardiff, País de Gales, Reino Unido
- 2013 – Doutor Honoris Causa, Universidade Ben-Gurion, Israel
- 2013 – Medalla de Ouro da Sociedade Histórica do Trinity College por Contribucións Destacadas ao Discurso Público, Dublín, Irlanda
- 2014 – Orador Keynote no Congreso de Líderes Médicos Futuros
- 2015 – Premio polos Logros dunha Vida da Asociación Americana para a Investigación do Cancro
- 2017 – Premio ISTT da Sociedade Internacional para as Tecnoloxias Transxénicas[33]
- 2024 – Doutor Honoris Causa, Universidade Yale, Estados Unidos[34]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Skipper, Magda (2005). "An Interview With Mario Capecchi". Nature Reviews Genetics 6 (6): 434. ISSN 1471-0056. PMID 15934189. doi:10.1038/nrg1647.
- ↑ Thomas, K. R.; Capecchi, M. R. (1987). "Site-directed mutagenesis by gene targeting in mouse embryo-derived stem cells". Cell 51 (3): 503–512. PMID 2822260. doi:10.1016/0092-8674(87)90646-5.
- ↑ Mansour, S. L.; Thomas, K. R.; Capecchi, M. R. (1988). "Disruption of the proto-oncogene int-2 in mouse embryo-derived stem cells: A general strategy for targeting mutations to non-selectable genes". Nature 336 (6197): 348–352. Bibcode:1988Natur.336..348M. PMID 3194019. doi:10.1038/336348a0.
- ↑ Capecchi, M. R. (1980). "High efficiency transformation by direct microinjection of DNA into cultured mammalian cells". Cell 22 (2 Pt 2): 479–488. PMID 6256082. doi:10.1016/0092-8674(80)90358-x.
- ↑ Chisaka, O.; Capecchi, M. R. (1991). "Regionally restricted developmental defects resulting from targeted disruption of the mouse homeobox gene hox-1.5". Nature 350 (6318): 473–479. Bibcode:1991Natur.350..473C. PMID 1673020. doi:10.1038/350473a0.
- ↑ Thomas, K. R.; Folger, K. R.; Capecchi, M. R. (1986). "High frequency targeting of genes to specific sites in the mammalian genome". Cell 44 (3): 419–428. PMID 3002636. doi:10.1016/0092-8674(86)90463-0.
- 1 2 "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2007". Nobelprize.org. Consultado o 8 de outubro de 2007.
- ↑ Publicacións de Mario Capecchi indexadas por Microsoft Academic
- ↑ Kain, K. (2008). "The first transgenic mice: An interview with Mario Capecchi". Disease Models and Mechanisms 1 (4–5): 197–201. PMC 2590805. PMID 19093023. doi:10.1242/dmm.001966.
- ↑ Cohen-Tannoudji, M. (2007). "Prix Nobel de Médecine 2007". Médecine/Sciences 23 (12): 1159–1161. PMID 18154719. doi:10.1051/medsci/200723121159.
- ↑ Capecchi, M. (2005). "An Interview with". Nature Reviews Genetics 6 (6): 434. PMID 15934189. doi:10.1038/nrg1647.
- ↑ Dennis, C. (2004). "Mario Capecchi: From rags to research". Nature 430 (6995): 10–11. Bibcode:2004Natur.430...10D. PMID 15229575. doi:10.1038/430010a.
- ↑ Lois M. Collins (8 de outubro de 2007). "U. scientist Capecchi wins Nobel Prize". Deseret Morning News. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009.
- ↑ Troy Goodman (16 de setembro de 2001). "U. scientist Mario Cappechi scores a 'knockout'". Salt Lake Tribune. Consultado o 8 de outubro de 2007.
- 1 2 Susan Sample (2007). "Scientist Profile: Mario Capecchi". University of Utah. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007.
- ↑ "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2007". NobelPrize.org. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ Hont G (decembro de 2007). "Från gatubarn till Nobelpristagare. Mario Capecchis liv--en askungesaga" [From street child to Nobel Prize winner. Mario Capecchi's life--a Cinderella story]. Läkartidningen (en Swedish) 104 (51–52): 3905–3907. PMID 18232538.
- ↑ "Nobelist's tales of wartime have inconsistencies". Deseret News. Associated Press. 6 de novembro de 2007. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ American Philosophical Society. "Edward G. Ramberg Papers". American Philosophical Society.
- ↑ "Obituaries". The Washington Post. Consultado o 11 de xuño de 2022.
- ↑ Andrew Gumbel (9 de outubro de 2007). "Mario Capecchi: The man who changed our world". Belfast Telegraph.
- ↑ Arkajit Dey (16 de outubro de 2007). "Two Nobel Prize Winners MIT-Affiliated". The Tech. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 8 de maio de 2009.
- ↑ Capecchi, Mario (1967). On the Mechanism of Suppression and Polypeptide Chain Initiation (Tese). Harvard University. Modelo:ProQuest.
- ↑ "Distinguished Lecture Series". Duke University. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2007.
- ↑ {{cite web|url=https://events.cornell.edu/event/mbg_annual_racker_lecture|title=MBG Annual Racker Lecture|publisher=Cornell University}
- ↑ Peter Popham (18 de outubro de 2007). "Reunion beckons for Nobel winner and his long lost step-sister". Belfast Telegraph.
- ↑ "'Vendo os retratos, era obviamente a miña irmá', dixo Capecchi, notando o seu parecido coa súa nai.""Nobel Winner Reunited With Sister Lost in WWII". ABC News. Associated Press. 6 de xuño de 2008.
- ↑ University of Utah, Transgenic Mice
- ↑ "2001 Albert Lasker Award for Basic Medical Research". Lasker Foundation. Arquivado dende o orixinal o 30 September 2007. Consultado o 1 de outubro de 2007.
- ↑ "The President's National Medal of Science: Recipient Details | NSF - National Science Foundation". www.nsf.gov.
- ↑ "Past Winners". www.brandeis.edu.
- ↑ "UCSF Medal". Office of the Chancellor (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2020.
- ↑ "Program and Abstracts of the 14th Transgenic Technology Meeting (TT2017): Snowbird Resort, Salt Lake City, Utah, USA, 1–4 de outubro de 2017". Transgenic Research (en inglés) 26 (S1): 1–45. 1 de setembro de 2017. ISSN 0962-8819. PMID 28864935. doi:10.1007/s11248-017-0033-2.
- ↑ "Yale awards nine honorary degrees". YaleNews (en inglés). 20 May 2024. Consultado o 21 de maio de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Howard Hughes Medical Institute biography Arquivado 2 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- Mario Capecchi's Short Talk: "The Birth of Gene Targeting"
- Mario R. Capecchi en nobelprize.org, incluíndo a conferencia do premio Nobel do 7 de decembro de 2007 Gene Targeting 1977 - Present
- Eccles Institute of Human Genetics biography
- Biografía da Universidade de Utah
- Entrevistas con Mario Capecchi de DNA Interactive do Dolan DNA Learning Center
- Capecchi animation from Dolan DNA Learning Center's DNA from the Beginning
- Entrevista co Dr Capecchi Futures in Biotech 63: How To Use A Mouse