Neon Bible é o segundo álbum da banda canadense de indie rockArcade Fire, editado o 3 de marzo do 2007 a través do selo Merge Records, aínda que orixinalmente foi anunciado para o 16 de decembro do 2006 na súa páxina web. A meirande parte do disco foi gravado nunha igrexa que a banda mercou e restaurou.
Neon Bible estreouse no número 2 da lista Billboard 200, vendendo 92.000 copias na súa primeira semana e 400.000 ata a data. Foi publicado no mesmo tempo que os exitosos álbums de The ShinsWincing the Night Away e de Modest MouseWe Were Dead Before the Ship Even Sank, e foi citado como un exemplo da popularización do indie rock. Os críticos elaboraron recensións moi faborables do disco e publicacións como NME e IGN eloxiaron o álbum polo seu carácter grandioso[1][2], mentres que Rolling Stone e Uncut dixeron que o resultado era un son distante e esaxerado.