O Panzerkampfwagen 38(t) foi orixinalmente un deseño carro de combate checo de antes da segunda guerra mundial. Despois de que Checoslovaquia fose conquistada por Alemaña, foi adoptado polo exército alemán, participando nas invasións Polonia, Francia e Rusia. A súa produción rematou en 1942, cando o seu armamento demostrou ser pouco axeitado. En total fabricáronse máis de 1.400 unidades. O chasis continuou sendo producido para os cazacarrosMarder III (1942-1944) e o Hetzer (1944-1945), para canóns de asalto sen torreta, canóns antitanque e canóns antiaéreos.
O (t) vén de "tschechisch", que en alemán significa checo; a designación checoslovaca era LT vz. 38. Entre as designacións de fabricación estaban TNH, TNHPS, LTP e LTH). A designación especial para o carro de combate en Alemaña foi Sd.Kfz. 140.