O porto de Valencia é un porto marítimo e industrial situado ao leste da cidade de Valencia, na costa mediterránea.
Limita ao norte coas praias de les Arenes e a Malva-rosa. Ao sur atópanse a nova terminal e a zona loxística (ZAL), limitando co porto deportivo xunto á nova canle do río Turia en Pinedo.
O acceso sur ao porto realízase pola V-30 Circunvalación de Valencia, onde comeza a autovía. Na actualidade está proxectado o acceso norte ao porto en subterráneo dende a A-7.